jueves. 28.03.2024

Valdeorras converteuse a véspera do Día das Letras Galegas nunha festa da cultura co gaio desta celebración debido a que os colexios e institutos adiantaron as celebracións por ser hoxe festivo.

A figura de Francisco Fernández del Riego presente en todos os actos para amosar a cultura, a lingua e a fala dunha terra, a galega.

A festa das letras trasladouse á praza de Viloira

O colexio Otero Pedrayo trasladou a celebración á Praza de Viloira onde se realizou a conmemoración con bailes tradicionais e modernos, música galega tradicional e actual,  «cantamos o himno galego con instrumentación, limos as coplas que foron ganadoras do primeiro premio no concurso do concello o Día dos Maios e escoitamos un podcast feito polos nenos do del cole sobre Fernández del Riego», sinalan.

Carmela protagonista no Julio Gurriarán do Barco

Susana de la Cruz estivo cos rapaces se rapazas de primeiro do colexio Julio Gurriarán do Barco explicándolles  como naceu Carmela e tamén pintando con eles á «galeguiña» máis popular de Valdeorras.

Susana e Noé explicaron a Somos Comarca que Carmela é unha boneca que vai vestida de galega, saúda e tira bicos «a todo o mundo» e, ademais invita a xente a que veña a Galicia. Susana contóullete aos nenos e nenas o segredo de Carmela que non é outro que as bágoas que ten nos ollos, «son de emoción para todo el mundo que viene a Galicia».

somoscomarca_diadasletrasgalegas_2023_colegios_2023827 (4)
Mural dos nenos e nenas do Julio Gurriarán

No Julio Gurriarán tamén fixeron unha montaxe artística co gaio das Letras Galegas de Fernández del Riego, explica M. Carmen Núñez do grupo de Dinamización Lingüística do centro. «Unha rede de fondo sobre a que penduramos uns sobres con cartas que Fernández del Riego, como tiña unha labor epistolar, comunicábase deste xeito con outros escritores». «Os sobres conteñen cartas e unha imaxe do escritor correspondente coa síua firma. E no centro está pendurado o mapa de Galicia cunha caricatura feita por unha alumna de sexto», engadiu a súa explicación.

Agasallo de libros no Virxe do Camiño de Rubiá

Como todos os anos o Concello de Rubiá agasallou aos nenos e nenas do CEIP Plurilingue Virxe do Camiño, cun libro de lectura en galego para conmemorar o Día das Letras Galegas. Foi a concelleira de Cultura Laura Iglesias a que se achegou ao centro para facer entrega dos agasallos.

portada_somoscomarca_diadasletrasgalegas_2023_colegios_2023827 (10)
Entrga de libros en Rubiá

Un mural coa axuda de Carina no Manuel Respino da Rúa

No colexio público da Rúa invitaron a artista local Carina quen realizou cos nenos e nenas un cadro de diferentes cores e texturas, nas que ademais usouse material reciclado como tapóns, chapas.... Nesta actividade participou «o alumnado dos cursos superiores».

Non faltaron os bailes rexionais e cantos galegos coa agrupación Abertal quen rematou o acto co himno galego. «No acto no que participou todo o alumnado, de 13:15 a 14:00 horas, leuse un breve texto que se interpretou coa colaboración de membros do grupo Abertal.  Ademais elaboráronse actividades interactivas e lúdicas que se traballaron nas aulas».

somoscomarca_diadasletrasgalegas_2023_colegios_2023827 (32)
Mural de Fernández del Riego feito polos rapaces do Manuel Respino

O galego saiu a rúa co Lauro Olmo

Todo o alumnado de ESO do IES Lauro Olmo participou, acompañado polo profesorado nunha xornada de animación á lectura e investigación nas rúas do Barco. Trátase do proxecto «Atención! Xente lendo!», que xa vai pola súa VIII edición.

Sairon do IES en torno ás 9 horas e, durante a mañá, equipos de alumnos e alumnas percorreron o casco urbano solucionando enigmas e lendo textos. A actividade tivo puntos de  lectura ao longo do Malecón, Salgueiral, na zona vella do Barco e en Viloira.

Feira de enerxías renovables no Condesa de Fenosa

No CEIP. Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras) desenvolveuse durante toda a xornada escolar unha «Feira de Proxectos sobre Enerxías Renovables». «É o punto final a un curso enteiro investigando, facendo traballos, exposicións, charlas e experimentando coas fontes de enerxía menos lesivas para o noso planeta»

Os centros educativos de Valdeorras adiantaron a celebración do Día das Letras Galegas