lunes. 16.06.2025

A Biblioteca Pública da Xunta súmase á celebración do Día das Letras Galegas por Florencio

As actividades vinculadas ao Día das Letras Galegas comezan o sábado 14 co contacontos O garoto de Ipanema (Florencio D. Gurriarán)
A Biblioteca Pública da Xunta súmase á celebración do Día das Letras Galegas por Florencio

A Biblioteca Pública da Xunta en Santiago ‘Ánxel Casal’, súmase en maio á celebración das Letras Galegas con contacontos e mostras arredor do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Ao longo do mes haberá outras propostas, como concertos, sesións de contos e un obradoiro de creación de personaxes.

As actividades vinculadas ao Día das Letras Galegas comezan o sábado 14 co contacontos "O garoto de Ipanema (Florencio D. Gurriarán)". O sábado seguinte, día 21, será Servando Barreiro quen achegue a cativada de tres a oito anos ao poeta a través do espectáculo "Homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán e á poesía galega", con cancións dos poemas desta figura e doutras homenaxeadas nesta celebración en anos anteriores.

A axenda conmemorativa complétase coa mostra bibliográfica infantil "Letras Galegas 2022. Florencio Delgado Gurriarán", cunha escolma de volumes sobre o Día das Letras Galegas e autores que foron protagonistas ao longo da historia. Poderá visitarse durante todo o mes. Xa a finais de maio e ata mediados de xuño, instalarase a exposición da Xunta Florencio Delgado Gurriarán: compromiso na distancia, cun percorrido pola obra do autor a través da súa traxectoria vital.

A Biblioteca Pública da Xunta súmase á celebración do Día das Letras Galegas por Florencio