miércoles. 25.06.2025

Dúas fotos do confinamento feitas por Sindo Novoa expostas na Coruña

Estarán ata o vindeiro 4 de abril expostas no porto da cidade da Coruña

As fotos do confinamento do barquense Sindo Novoa estará expostas no porto da cidade da Coruña ata o vindeiro 4 de abril. Estas imaxes formarán parte da exposición "Contra vento e marea" onde se retrata a primeira onda e o confinamento domiciliario provocado pola COVID-19 no mes de marzo do 2020.

A mesma servirá para homenaxear de forma gráfica aos cidadáns e persoas que traballaron durante os días máis duros da epidemia onde pouco se coñecía do Coronavirus.

Esta mostra naceu dunha iniciativa da Autoridade Portuaria da Coruña a través das redes sociais nos pasados meses de maio e xullo. Por elo cada fotografía mostran as emocións, pensamentos, e medos que todos os cidadáns compartiron durante a crise sanitaria.

As instantáneas poderán verse entre o sábado 27 de marzo e o domingo 4 de abril en horario de 8:30 da mañá a 20:30 da tarde.

Non será a primeira vez que Sindo Novoa participe nunha mostra xa que fai uns meses o pianista británico James Rhodes elexía unha foto do ceo en Punta Nariga (Malpica de Bergantiños) para a exposición  “Historias de una Leica. Tamén unha imaxe dende o mirador de Tablillas (A Veiga) saiu no calendario deste 2021 de "Ceos Galegos).

Por outro lado coñecidas son xa as súas fotografías da Rapa das Bestas de Sabucedo e da Ponte do Milenio de Ourense que forma parte da "Edición Galicia" do coñecido xogo de mesa Monopoly.

Dúas fotos do confinamento feitas por Sindo Novoa expostas na Coruña