sábado. 20.04.2024

O productor da longametraxe “Cuñados” e natural de Freixido de Abaixo, pertenecente a Petín

O Centro Cultural Avenida da Rúa acolle este domingo unha charla coloquio con Alfonso Blanco de Portocabo “Fusco”, productor da película “Cuñados”. Que será a que se emita unha vez termine a charla do realizador de Freixido de Abaixo, pertenecente a Petín.

Esta é a primeira longametraxe cinematográfica da produtora galega Portocabo que tamén producíu series de éxito como “Hierro” ou “Auga Seca” e conta con actores recoñecidos do panorama galego e nacional como Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Eva Fernández ou María Vázquez.

A estrea desta longametraxe rodada íntegramente na provincia de Ourense prodúcese nun total de 120 salas, entre elas o Centro Cultural Avenida con dúas sesións tanto sábado como domingo en horario de 17 e 19:30 horas.

O filme fala dunha comedia sobre as peripecias delictivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. Foi presentado en Berlín, Ourense e Madrid entre outros lugares.

A Rúa acollerá unha charla coloquio con Alfonso Blanco productor de “Cuñados”