viernes. 29.03.2024

O aforo do teatro reduciráse e así mesmo e deberáse cumplir cun protocolo de hixiene para poder acceder as instalacións

O Teatro Lauro Olmo volverá acoller espectadores a vindeira semana, o fará tanto con as actuacións teatrais como co cine a través das actividades organizadas co Cine Club Groucho Marx.

A Escola Galega de Teatro Musical, será a primeira agrupación en subirse a tarima do teatro barquense, concretamente será o xoves 18 a partir das 21 horas ca obra "O Candil". O día 25 representaráse "A Compañeira de piso" da compañía Contraproduccións.

O programa durará ata finais de ano, destinando para a época navideña diferentes actuacións para os máis pequenos os días 29 e 30 de decembro.

Programación para os vindeiros meses no Teatro Lauro Olmo

Así mesmo dende o Cine Club Groucho Marx subliñaron que retomarán a actividade con proxeccións de películas a próxima semana, malia que aínda están preparando as diferentes longametraxes que van a emitir.

No caso das actuacións teatrais a venda de billetes comezarán unha hora antes e a apertura de portas será 30 minutos antes do comezo do espectáculo. Tanto o cine como o teatro terán aforo limitado polo Covid-19.

A actividade regresa a vindeira semana ao Teatro Lauro Olmo