
Con motivo do Día Mundial da Saúde Bucal, que se celebra el 20 de marzo, Yolanda Fernández, hixienista no Barco e na Rúa, impartirá uns talleres de hixiene bucodental. Na actualidade estímase que arredor de 2000 millóns de persoas padecen caries en dentes permanentes, mentres que 514 millóns de nenos sofren de caries nos dentes de leite.
Por este motivo, Fernández pon especial interese neste tema. «Hoxe en día, na nosa sociedade, hai moito azucre e non lle dedicamos tempo a cepillar os dentes», asegura. Entón, o que pretende con estes talleres é «ensinar as técnicas de cepillado. Por exemplo, recoñecer placa dental, cepillos interdentais, limpar as próteses e as férulas de descarga», explica Fernández.
Nesta ocasión, as charlan están enfocadas as persoas máis maiores, «para os nenos vamos empezar agora a campaña de ir polos colexios». Aínda que Fernández anima a todos os pais que queiran a «traer os nenos o centro de saúde para que lles explique como mellorar a súa técnica».
¿Cando se impartirán os talleres? Na Rúa será o 20 de marzo, de 11 a 12:30 horas, no propio Concello. No caso do Barco, as clases serán pola tarde, de 19:00 a 20:30, «o taller será no centro de saúde nunha aula da parte de arriba». En ambos os casos, hai que acercarse o centro de saúde para deixar o nome e o número de teléfono para «que eu os chame».
Cabe destacar que son prazas limitadas —15 persoas por cada unha das charlas—. Pero, no caso de ver unha gran demanda «daría un taller para a semana seguinte», aclara Fernández. De feito, se «algunha asociación quere facer algunha cousa solo ten que avisarme».
Algúns consellos previos ás charlas
Vivimos nunha sociedade que fai todo con présa, iso é un feito, pero debemos pararnos a cuidar a nosa saúde bucal. «Un erro é usar moita pasta de dentes, porque na tele téñenos inculcado que temos que encher o cepillo e non é certo. Cunha lentella de pasta de dentes é suficiente para limpar toda a boca», asegura a especialista.
Outro dos erros que é moi común céntrase no uso dos« enxaugues bucais como algo milagroso e solo un correcto cepillado dental é a base de prevención da nosa saúde», conclúe Fernández.
Se queres escoitar toda a entrevista podes face aquí: