martes. 16.04.2024

En Valdeorras o número de contaxiados ascende a 58, seis máis que onte

Volve a medrar o número de persoas contaxiadas en Valdeorras. Nesta xornada os casos totales de positivos por coronavirus  ascende a 58. Esta subida débese ao ascenso dos positivos na Rúa que pasa de 19 computados onte a 24 hoxe, segundo a Consellaría de Sanidade.

Respecto aos demais concellos da comarca non hai moitas variacións. Así, O Barco segue con 27 positivos, os mesmos que onte.  Vilamartín pasa de 3 a 4, aumenta un, os mesmos que descende A Veiga e Petín que quedan con 1 contaxiado. O Bolo súmase a listaxe cun positivo, mentres  Carballeda, Larouco e Rubiá non posúen ningún infectado.



Destacar que no Hospital Público de Valdeorras hai 4 pacientes hopitalizados na planta azul, segundo os datos do último parte facilitado pola Consellería de  Sanidade ,que se pecha ás 18:00 horas do día anterior — o venres 11 de decembro—.

Peche perimetral da Rúa

Na Rúa aplícanse desde a pasada media noite as novas restricións. O Comité Clínico da Consellería de Sanidade decidiu onte venres aumentar o nivel de alerta -a medio-alto- neste concello.

A principal novidade reside na prohibición de saír ou entrar no municipio agás por causa xustificada. Na hostalería e as reunións con non convivintes están permitidas, cun máximo de 4 persoas por grupo e só pode abrir ata as 17:00 horas e cun máximo do 30% de capacidade dentro e 50% fóra. Queda restrinxida a mobilidade nocturna de 23:00 a 6:00 horas.

Polo de agora, O Barco non terá novas restricións á conta do que decida no futuro o comité clínico.



Cribado

Adiantábao o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, no informativo de Radio Valdeorras Onda Cero este venres e confirmábao horas máis tarde a Consellería de Sanidade. O cribado masivo da poboación da Rúa terá lugar este domingo 13 de decembro a partir das 10:00 horas no Pavillón de Deportes O Aguillón. Para as probas serán convocados un total de 1407 residentes de entre 30 e 60 anos.

Un equipo de enfermaría formado por 9 profesionais da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras participará na recollida de mostras e na organización da operación. Os veciños citados serán os que non realizaron unha PCR nos últimos días. Segundo o Sergas, o grupo de idade escollido é porque é onde se concentran os novos casos detectados.

Situación sanitaria na área sanitaria

En canto á situación na área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, os  pacientes con infección activa ascenden a 403, destes 30 atópanse ingresados nos centros sanitarios da área e 2 pacientes están na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do  CHUO.  Os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas suman 30.

En cifras acumuladas destacar que o número de curados ascende a 7851, mentres que os falecidos suman 301 Realizáronse un total de 122626 PCRs e 65754 probas serolóxicas.

Centros educativos e residencias

Nos centros educativos de Valdeorras son 7 as persoas que seguen padecendo a enfermidade —5 na Rúa e 2 no Barco—. En canto A Rúa 3 casos activos pertencen ao IES Cosme López e 2 ao CEIP Manuel Folla Respino. No Barco o CEIP Julio Gurriarán e o IES Martaguisela acumulan un caso por centro.

As residencias de maiores atópanse libres de Covid-19.


Segue a medrar o número de casos positivos por coronavirus na Rúa