martes. 01.07.2025

En Ourense preto de dous de cada dez positivos teñen menos de 12 anos

Nos últimos dez días na provincia faleceron sete persoas que permanecían ingresadas con diagnóstico positivo de Covid
En Ourense preto de dous de cada dez positivos teñen menos de 12 años

Dos 2.241 casos activos de Covid rexistrados hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o 19,7% por cento teñen menos de 12 anos, desprazando así a tramos de idade como os de maiores de 80 que, nas ondas anteriores á vacinación, eran maioritarios e agora representan o 3,5% do total de contaxios.

Pese á baixa incidencia entre os e as maiores de 80 anos, a porcentaxe de pacientes pertencentes a este tramo de idade que requeriron ser hospitalizados é o 23,7% total, incrementándose ata o 83,4% do total de pacientes ingresados ao tomar como referencia aos maiores de 60.

A maioría das 68 persoas ingresadas permanecen no Hospital Universitario de Ourense, con 61 pacientes en planta e 7 nas unidades de críticos; no Hospital Público de Valdeorras, con dous ingresos, no de Verín con un, e dous en centros sanitarios privados. De todos eles, o 11% non está vacinado.

Nos últimos dez días na provincia faleceron sete persoas que permanecían ingresadas con diagnóstico positivo de Covid nos hospitais de Ourense e Verín.

A tres meses de cumprirse os dous anos de pandemia, e seis ondas ondas epidémicas, na provincia de Ourense 455 persoas faleceron e 22.266 se recuperaron da Covid. Neste intenso período o persoal sanitario fixo un enorme esforzo para vacinar ao 95% da poboación e agora afrontan a dispensación da terceira dose de reforzo ao maiores de 60 e persoal dos centros sanitarios e socio-sanitarios, co horizonte posto na vacinación dos rapaces menores de 12 anos.

Prudencia ante o ascenso de casos

A situación epidemiolóxica actual no soso país mostra una tendencia ascendente na taxa de incidencia pola enfermidade por SARS- CoV-2 nas últimas semanas. A información en España sobre a efectividade das vacinas mostra unha perda da protección fronte á infección, a partir dos 3-6 meses dende a vacinación completa e coa extensión das novas variantes é necesario incrementar esta protección.

Do devandito, a prudencia e o cumprimento das medidas de prevención continúan a ser clave, sendo aconsellable extremar a hixiene de mans, usar máscara, a ventilización periódica dos interiores e a interacción social prudente para limitar os contaxios, os danos na saúde e a perda de vidas.

Igualmente, toda aquela persoa que desexe vacinarse fronte a Covid e non fixera con anterioridade pode pedir cita para facelo chamando ao 981 215 930 ou acudindo sen cita ao puntos de vacinación mais próximo (neste intre nos hospitais de Verín e Valdeorras e en Expourense).

En Ourense preto de dous de cada dez positivos teñen menos de 12 anos