sábado. 20.04.2024

O novo teléfono de atención directa 669 282 963 estará atendido pola enfermería de consultas e educación diabetolóxica do Servizo de Endocrinoloxía

Desde este xoves, 26 de marzo, s pacientes con diabete terán unha liña de conexión directa para aclarar calquera dúbida relacionada co manexo da súa enfermidade neste periodo de confinamento. O teléfono estará atendido pola enfermería de consultas externas e educación diabetolóxica do Servizo de Endocrinoloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

O novo servizo teléfonico ten por obxectivo prestar un servizo de asesoramento aos pacientes con diabetes tipo 1 e tipo 2, as mulleres con diagnóstico de diabete xestacional, así como dar apoio aos profesionais sanitarios de atención primaria.



Este novo canle de comunicación directa entre os profesionais de enfermería do Servizo de Endocrinoloxía súmase ás numerosas iniciativas postas en marcha por parte dos distintos servizos asistenciais da Área Sanitaria, para manter un contacto directo cos seus pacientes sen que teñan que sair da casa, evitando así riscos de contaxio e ofrecendolles alternativas non presenciais.


Cartel do novo teléfono de atención directa

Desde o inicio do estado de alerta pola pandemia, provocada polo novo coronarivus, os profesionais de Ourense esforzanse por manter o contacto coa cidadanía e moi especialmente cos pacientes cronicos con consultas telefónicas en case tódolos servizos hospitalarios e de atención primaria, e tamén con téléfonos nos que aclarar calquera dúbida. Desde xinecoloxía cun punto de atención ás mulleres xestántes, pediatría na atención de crónicos, farmacia cos usuarios de medicación de dispensación farmaceútica, primaria cos seus pacientes de maior idade e crónicos, e psiquiatría de soporte emocional aos profesionais ante a pandemia.

Por elo, moitos pacientes están a recibir estes días na súas casa ou móviles a chamada dos seus especialistas de Uroloxía, Farmacia Hospitalaria, Medicina Interna, Oncoloxía, Hematoloxía, Nefroloxía, Endocrinoloxía, Reumatoloxía, Dixestivo, Rehabilitación, Psiquiatría etc.. para pasar telefónicamente todas aquelas consultas que sexan susceptibles de adaptarse a esta vía, que se recollerán axeitadamente nas súas historias clínicas electrónicas, ao igual que está a facer desde o comenzo desta crise desde Centros de Saúde por parte dos médicos de familia, enfermeiras ou farmacéuticos de atención primaria.

O Sergas habilita un teléfono de atención directa para pacientes con diabetes