domingo. 08.06.2025

"Mira que Boca", o taller para concienciar sobre a importancia da saúde bucal nos centros educativos

Este obradoiro, impartido por Yolanda Fernández, hixienista no Barco e na Rúa, está dirixido o alumnado de cuarto de primaria e segundo de secundaria

P_somoscomarca_240319_obarco_laurolmo_yolandafernandez_higienista
"Mira que Boca", el taller para concienciar sobre la importancia de la salud bucal

Na actualidade estímase que arredor de 2000 millóns de persoas padecen caries en dentes permanentes, mentres que 514 millóns de nenos sofren de caries nos dentes de leite.

En concreto, na zona de Valdeorras, «estamos vendo un aumento de caries en nenos de 4 anos e os adolescentes totalmente abandonados», advierte Yolanda Fernández, hixienista no Barco e na Rúa. 

Co fin de concienciar os máis pequenos da casa creouse o taller "Mira que Boca" enfocado principalmente no alumnado de cuarto de primaria e segundo de secundaria. 

O martes 19 de marzo, Fernández visitou o IES Lauro Olmo, onde puido observar a falta de coñecemento sobre o seu traballo no centro de saúde. «É verdade que algúns están controlados polos seus dentistas privados, pero aquí non paran a poñer flúor». As próximas xornadas do obradoiro serán o 2 de abril no Martaguisela, o día seguinte visitará o Manuel Respino da Rúa. 

O programa de Saúde Bucodental Infantil de Atención Primaria abarca a nenos de 0 a 14 anos. As súas prestacións son as seguintes:

  • Revisións preventivas e periódicas da cavidade oral. 
  • Información e educación en materia de hixiene e saúde bucodental.
  • Diagnóstico de maloclusiones dentais. 
  • Aplicación profesional de flúor tópico. 
  • Selaxes de fosas e fisuras en molares permanentes. 
  • Obturacións de caries simples de molar permanentes. 
  • Limpeza con ultrasóns e pulidos dentarios, no caso de existir compromiso de saúde gingival. 

"Mira que Boca", o taller para concienciar sobre a importancia da saúde bucal nos...