miércoles 25/5/22
Inicio da campaña de vacinación da Covid-19 na residencia de maiores Porta do Camiño, Santiago de Compostela. A primeira vacinada foi a usuaria do centro Nieves Cabo Vidal, seguida polo oficial de cociña do mesmo José Antonio Fuentes Arcay.27/12/20.
Inicio da campaña de vacinación da Covid-19 na residencia de maiores Porta do Camiño, Santiago de Compostela. A primeira vacinada foi a usuaria do centro Nieves Cabo Vidal, seguida polo oficial de cociña do mesmo José Antonio Fuentes Arcay.27/12/20.

A vacinación dos docentes comezará nos 3 hospitais de referencia da área sanitaria

Este martes os docentes da comarca de Valdeorras comezarán a ser vacinados frente a COVID-19 por parte do persoal asignado polo Servizo Galego de Saúde, e que prolongaráse ata este sábado nos 3 hospitais que forman parte da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Un total de 3.339 docentes están chamados para por as dosis dos diferentes fármacos, estes comezaron a ser citados este luns por medio dunha mensaxe de SMS. A inmunización do persoal de ata 55 anos realizarase coa vacina de Astra Zeneca, e coa de Pfizer á do resto.

Máis concretamente, ao Hospital Público de Valdeorras acudiran un total de 397 profesores ata o vindeiro sábado, sempre en horario de tarde co obxectivo de reducir ao máximo a alteración no horario lectivo.

Ao igual que nos maiores de 80, citarase a todos eles indistintamente do seu vínculo co Sergas ou outros servizos sanitarios de carácter privado.

Coincidindo coa mensaxe difundida polas distintas mútuas laboráis, lembramos de novo a importancia de actualizar os datos de contacto para facilitar a citación.

Cambio en A Veiga

Os veciños desta localidade de máis de 80 anos serán vacinados finalmente no Centro de Saúde de Viana do Bolo tal e como ven de comunicar o SERGAS.

Este martes comeza a vacinación dos docentes en Valdeorras