
Os casos confirmados por PCR na provincia nas últimas 24 horas é de 91
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Ourense Verín e O Barco de Valdeorras é de 1.397. Nas últimas 24 horas confirmáronse 91 novos casos.
Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI e 65 en unidades de hospitalización. Polo de agora, na provincia de Ourense hai un total de 4.773 persoas curadas, rexistrándose un total de 235 falecementos. O número de probas PCR realizadas é de 92.862 e o de serolóxicas 62.681.
Respecto ao cómputo global de todos os municipios da comarca de Valdeorras, non se actualizaron os datos. A día de onte sumaban un total de 84 casos activos, 2 menos que hai 4 días. A Rúa e O Barco atópanse en Nivel 1 ao ter entre 7 e 14 casos activos nos último 7 días.
Escolas infantís e centros de ensino
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.
Segundo o informe remitido hoxe polo Sergas a escola infantil Los Juglares mantén os 3 positivos. Os centros educativos da vila barquense suman un total de 4 casos activos. Tanto o IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo de Viloira teñen un positivo.
Na Pobra de Trives son 2 os positivos e atópanse no IES Xermán Ancochea.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara
Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.
Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.