martes. 10.06.2025

«Está xerando unha comunidade interesada na cultura de Valdeorras»

A valdeorresa foi a impulsora de «Versión Valdeorras», un festival de cine virtual con traballos feitos na comarca

A pasada fin de semana a mostra «Versión Valdeorras» comezou cos coloquios e a emisión das diferentes películas que estaban programadas.

Claramente debido aos tempos que vivimos esta mostra e de forma virtual a través do portal web versionvaldeorras.com. Películas como Sempre Xonxa ou Pradolongo están na carteleira deste evento on-line no que tamén hai documentais como Lobos Sucios -que deu lugar ao filme do ano 2015- ou Santoalla.

Cristina de la Torre e a impulsora deste proxecto que xurdiu moi rápido: «É unha iniciativa que se me ocurriu un domingo pola noite e o luns pola mañá o tíñamos en marcha».

Unha mostra na que participa xente da comarca e tamén de fora, pero no que o contido mostrado foi realizado en Valdeorras: «Participan cineastas ou xente que fai audiovisual da comarca de Valdeorras e de fora, pero son pelis que se fixeron na comarca, e tratando con moitos temas que nos identifican».

O calendario de actividades abarca dende o xoves ata o domingo durante o mes de abril: «O plantexamos como se fora un festival de verdade, onde se estrea unha peli, hai un coloquio, e despois a maioría están en aberto durante unha semana. Hai 3 películas concretas que están abertas so durante 48 horas porque están nun circuito comercial de distribución e hai que respetar que despois teñan unha oportunidade de estar no cine, ter exhibicións en salas para que teñan un retorno para os productores».

As pezas que só estarán en aberto durante 48 horas son «O desafío do Sil» que se emitiu durante a primeira fin de semana con 1.500 visualizacións, «Fillos da Vide» e «Santoalla», películas, que Cristina de la Torre ve como unha oportunidade de volver para os que están fora e revisitar o territorio para os que están na comarca.

Tamén contan con coloquios que rexitran moitas visitas, podéndose acceder a eles a través do perfil de Facebook de Promecom: «Empecei a facelo, sinceramente por saudar a miña nai dende Facebook, e despois de repente si Jordi Évole e a televisión que está facendo, porqué non podemos facelo nos?. O domingo co coloquio da película Un bosque de música, onde saía Bieito Vilar, este tivo moita repercusión con 5.000 visualizacións».

Estas conferencias afirma De la Torre están creando unha cultura cercana e de comarca: «Estase xerando unha comunidade interesada na culutra feita en Valdeorras que me parece o máis importante de todo, que en Valdeorras se crea cultura. Fai falta industria, alimentación, sanitarios por suposto, medios de comunicación, pero tamén cultura porque e o que nos da identidade e anima a encontrarnos».

Se queres escoitar a entrevista completa a Cristina de la Torre podes facelo na seguinte ligazón:

«Está xerando unha comunidade interesada na cultura de Valdeorras»