A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras comeza esta semana a “repesca” das persoas que estaban citadas para poñerse a terceira dose da vacina, na primeira semana de xaneiro, data na que comezou a última gran suba de casos Covid, polo que moitas delas non poideron acudir a súa cita por estar contaxiados. Agora, cumprido o prazo de cinco meses que se recomenda, 1.500 están chamados estes días a recuperala.
Son na súa maioría adultos maiores de 18 anos, e abundan as persoas de 40 a 49 anos, xa que aínda que, neses primeiros días de 2022, foron moitos os nenos e nenas convocadas, e tamén contaxiadas, no caso infantil o período de espera para poñer a vacina é de oito semanas, polo que todos os daquela onda xa completaron a súa pauta vacinal.
Moito ten mudado a situación dende hai tan só cinco meses. O 7 de xaneiro eran 7.806 os ourensáns con Covid, que ascendou rápidamente ata ao seu pico este ano, 9.615 contaxios o día 11, subindo en días posteriores os ingresos na UCI e nas plantas dos tres hospitais. Hoxe son 1.138 os casos activos e 55 persoas permanecen hospitalizadas, dúas delas en coidados intensivos, despois de meses con mais dun centenar de ingresos Covid.
A vacinación continúa aberta
A data de hoxe son 275.796 as persoas vacinadas con pauta completa na nosa provincia, a maioría, o 82%, coa terceira dose adicional, 226.081 persoas. Tan só 2.803 persoas restan por completar a súa pauta, gran parte delas recibiron recentemente a súa primeira dose, xa que a vacinación continúa aberta, e con acceso libre ou cita previa, nos tres hospitais públicos de Ourense.
En concreto no Hospital Universitario de Ourense de luns a venres en horario de 9 a 14.00 horas, accedendo polo novo edificio de hospitalización, pola rúa Cruceiro Quebrado, e nos hospitais públicos de Verín e Valdeorras os luns e mércores neste mesmo horario.
Os venres están reservados para a vacinación infantil, maioritariamente dos cativos que van sendo citados en canto cumplen os cinco anos. Sempre con cita previa e en horario de máña nos dous comarcais e de 15.30 a 20.30 horas no de Ourense.
Desde o inicio da campaña de vacinación en Ourense lévanse administradas 758.137 vacinas. A maioría recibíu o composto de Pfizer (Comirnaty), 500.857; seguido do de Moderna 154.881; Astrazeneca, 67.345; Comirnaty pediátrico, 21957 e por último a de Janssen, con 13.097 doses.
Desde o inicio da vacinación infantil, a mediados de decembro do pasado ano, na nosa provincia administráronse 21.957 doses e preto do 82% teñen xa a pauta completa, en concreto 10.858, e restan 1.740 por completala.