
A organización decidiu cancelar a xuntanza programada para o mes de maio pola pandemia do coronavirus
A organización de Cholo e Nela decide cancelar a fiesta do 2020. A gran loxística que hai detrás do evento non permite aprazalo coma se considerou nun primeiro momento. Demasiadas reunións do equipo organizativo que á vez e moi complexo. Iso sí, prometen volver con máis forza no 2021.
A convivencia que este ano chegaría á vixésimo terceira edición reuniu preto de 1.000 participantes o pasado ano. Máis de 500 nenos e nenas e 400 adultos entre país, mestres e mestras de 16 colexios das comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Trives, O Bolo, Viana, a Peroxa e Castro Caldelas, participaron na 22ª edición da Convivencia de Educación Infantil Cholo e Nela, que se celebrou no colexio de trives Manuel Bermúdez Couso e cuxa temática foi o Camiño da Fala.
Este é o comunicado oficial:
Dende o Arco da Vella, e despois de percorrer galaxias, Cholo e Nela mandáronnos este mensaxe por whatsapp e por correo electrónico:
Queridos amigos e amigas que organizades a nosa festa, e tamén a todas as mamás, papás, familias e profes que participades nese día de ledicia, e as institucións que colaboran e se divirten connosco, e sobre todo a tódolos nenos e nenas que ían participar coma sempre, con ledicia, ilusión e con moitas ganas de xogar connosco.
A pandemia declarada na data de hoxe, 11 de marzo de 2020, pola OMS por mor do COVID-19 e as decisións adoptadas polo Goberno e a Xunta de Galicia ante a situación que se está a vivir, desaconsellan que este ano nos poidamos reunir, pois , a data de hoxe, non sabemos se isto sería posible no mes de Maio.
A organización da festa de Cholo e Nela implica a toma de decisións e un traballo importante polo equipo organizador, en distintos ámbitos: deseño de xogos, obradoiros, xestións económicas, institucionais, nos meses previos. Isto require un traballo previo de meses, especialmente intenso nos meses de abril e maio. A incerteza da situación aconsella a suspensión da actividade, dende a responsabilidade.
Por iso lamentamos que este ano non poidamos celebrar a nosa reunión e convivencia. Ao mesmo tempo comezamos dende xa un camiño para chegar a Maio do 21 e vérmonos de novo. Lavade ben as mans con moito xabón e facerlle caso as profes e aos profes… Mil biquiños dixitais dende o Arco da Vella.