jueves. 28.03.2024

Levaban desde o 2019 sen xuntarse  e celebrárono por todo o alto. Seis asociacións de Mulleres Rurais da contorna entre as que se atopaban as de Veigamuiños, Éntoma, Viloira, Córgomo, A Veiga e a que lle tocou organizar a xuntanza, a de Arcos.

Un coñecido establecemento hostaleiro de Vilamartín foi o lugar da celebración da comida de confraternización á que asistiron 132 mulleres. Ao remate agasallos, unha taza de recordo e baile.

somoscomarca_paladium_mulleres rurais_8M2023-1334
As Mulleres Rurais de Veigamuiños serán as encargadas de organizar a xuntanza o vindeiro ano

De aí saíu a que organizará o vindeiro ano a xuntanza que será a de  Veigamuiños. A última en ser anfitriona antes da pandemia foi a de Viloira, pero eso xa foi no2019.

somoscomarca_paladium_mulleres rurais_8M2023-1224
As Mulleres Rurais de Arcos repartindo os agasallos

A Asociación de Córgomo aproveitou a xuntanza para homenaxear a dúas das súas socias; Paquita e Conchita. De Paquita , dixo a presidenta Soledad Figueroa, «é a nosa artista. Está metida en todos os fregados da asociación e sempre está cando se necesita». Paquita tamén recitou unha poesía ás nais. De Conchita significou o traballo feito polo asocionismo. Ambas recibiron un ramo de flores.

somoscomarca_paladium_mulleres rurais_8M2023-1369
Paquita e Conchita de Córgomo recibindo os agasallos de Sole e Chus

No acto tamén estiveron presentes dúas representantes de  Femuro, a entidade sen ánimo de lucro que agrupa ás asociacións de Mulleres Rurais  de Ourense.Unha delas resaltou o traballo e as actividades levadas a cabo polas asociación en días como o 8M ou o 21 N.e instou ás presentes a que os viran na súa canle de Youtube.

somoscomarca_paladium_mulleres rurais_8M2023-1404
Representante de Femuro na xuntanza

Unha xornada sen dúbida na que ademáis de reivindicar o seu día pasárono moi ben.

As Mulleres Rurais de Valdeorras celebran o Día da Muller