jueves. 28.03.2024

Moitos valdeorreses acudían ás segas, e facíano principalmente a Castilla pola menor distancia en comparación con outras zonas de España. Así nolo conta o historiador Antonio Castro Voces, que na sección de Historias de la Historia deste mes, céntrase na comida á que tiñan acceso os segadores. «Marchaban en periodos de 15 ou 20 días e tiñan tres sitios onde ir á sega, ao que eles chamaban Castilla, que era a parte central de España, a La Rioja, que se corresponde co que hoxe en día é La Rioja e parte de Navarra, incluso o alto de Aragón, e algo que era máis cercano, os territorios de Astorga».

Conta Castro Voces que «as comidas establecíanse normalmente entre o xefe desta que negociaba co amo, ca persoa para a que ían traballar». Desta forma, «no contrato se establecía se ía ser 'a matidas' ou 'a secas'», se o patrón poñía a comida e tamén onde durmir ou polo contrario non lles facilitaba comida nin refuxio. Este refuxio era normalmente unha palleira, porque «moi raras veces tiñan habitacións en condicións para ofrecer a seis ou sete persoas recén chegadas».

A bebida tamén era facilitada polo patrón. «Se ías á sega a Castilla, o que había para beber era auga, moi boa e sana, pero en La Rioja, había viño», explica Castro Voces. Así que pódese deducir que os segadores preferían ir a La Rioja porque a comida era «mellor, máis variada, e ademáis, había viño». Pola contra, «a comida castelá non era mala, pero era moi monótona».

Para ir buscar a comida, existía a figura do «ollero», que tiña que recoller a distancia que separaba a terra da casa do patrón, ás veces dunha distancia de entre tres ou catro kilómetros. Esto era debido a que o lugar elexido para comer, xeralmente era na propia terra, «non se viña a comer a casa salvo raras excepcións». Se cruzaban dunha terra á outra facendo a «travesía» para seguir traballando, «en ocasións, tamén paraban na casa do patrón para comer algo». O menú consistía nun desayuno escaso, composto dun cacho de pan e unha cebola. Ata o mediodía non solían volver a probar bocado, e chegada a comida, «ésta era moi monótona», consistía nos mellores casos, dun plato de garbanzos ou de sopas de allo, «eran escasas as patacas e algunhas veces se acompañaba de algo de carne». A cena, sempre se compoñía de «ensalada con algún peixe, polo xeneral sardiñas».

A pesares da escasez, conta Castro Voces que «os segadores non facían reproches aos donos da terra, porque eles non comían mellor, dábanlles o que tiñan, porque o problema era que non había». Recorda o historiador que a época da que falamos é a de postguerra, anos 40 e 50, onde posiblemente en Valdeorras se comese mellor polo bo clima e as boas terras, onde se mataban cerdos, había polos e a comida era máis variada».

Castro Voces: «Facían vinte días de sega comendo na terra e durmindo nunha palleira»