«O mínimo é falar co comité e os traballadores. Quen demos a cara fomos nós e loitamos ata o final»
O estudio de Radio Valdeorras Onda Cero deulle voz aos representantes sindicais e traballadores de Irosa que pese a ser a parte máis prexudicada e a vez máis activa, —nestes últimos meses e que de algunha maneira provocaron que se chegara ao acordo—, non se lles informou, nin coñecen os termos do acordo no momento de facer este programa. E, xa pasaron dous días da firma.
Estiveron neste espazo da radio local Francisco Moral, secretario da CIG en Valdeorras; Ramón Porto, traballador de Irosa e presidente do comité da empresa; e David Mancebo e Alberto Barrera, delegados da CIG.
Fixeron unha valoración da situación vivida nos últimos meses e do desenlace. Comezou falando Francisco Moral quen asegurou que estaban «contentos desde o primeiro preacordo xa que, en principio, vanse van manter os 300 postos de traballo». Fixo fincapé en que isto «debeuse ao apoio de toda a xente da comarca de Valdeorras de todos os traballadores que foron os que conseguiron que a actividade seguira adiante en Irosa, a pesar do “deshaucio” que houbo en Samaca».
«Foron xornadas moi intensas, de moita tensión e de moita dor por parte dos traballadores, por non saber da súa situación laboral», subliñou o secretario da CIGA. Agradeceu o apoio da alcaldesa de Carballeda, María del Carmen González: «Estivo aí desde o primeiro momento, se non estivo nas últimas manifestacións foi por un problema de saúde. Tivemos o seu apoio incondicional tanto a empresa como os traballadores por parte dela». Tamén a Valdeorras enteira e, por suposto aos traballadores pola paciencia e comportamento impecable en todas e cada unha das manifestacións e concentracións.
Nese mesmo senso foron as palabras de Ramón Porto que explicou e valorou o ocorrido durante, cuxo momento máis duro foi o peche das oficinas de Samaca do cal nin traballadores nin sindicados sabían nada, «sentímonos menosprezados». Tampouco lle gustou enterarse pola prensa de que había acordo entre as partes e que dous días despois da firma aínda non saiban nada por parte da dirección da empresa «O mínimo é falar co comité da empresa e os traballadores, quen demos a cara fomos nós e loitamos ata o final», reitera.
No seguinte vídeo está toda a conversa:
Momentos que se saliantaron
O acordo entre a xunta de montes en man común de Portela y Trigal e Irosa-Samaca, a falta de 15 días para que desafiuzara da pizarreira, permite a continuidade da empresa ata polo menos once anos máis.
Os 250 traballadores de Irosa-Samaca respiraron fondo, este martes 14 de novembro, xa que sexa cal sexa o resultado da sentenza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ningunha das partes a recorrerá.
Si se lle da a razón aos comuneiros, estes pedirán a suspensión do desafiuzamento. A empresa, entón poderá alugar o solo durante os próximos 11 anos, tempo máximo que permite a Lei de Montes. Si o TSXG ratifica a expropiación, entón os terreos serán definitivamente da empresa.
Púxose así fin ao litixio sobre a propiedade do solo que ven desde o 31 de decembro de 2014 , data na que venceu o arrendamento coa comunidade de montes e, de cuxos polvos veñen estes lodos
Para chegar a este acordo foron necesarias ata cinco reunións pero antes mobilizacións e concentracións na que os traballadores e a cidadanía participaron activamente. A maior delas convocada por CCOO e a CIG, o 22 de setembro. Case que 4.000 persoas percorreron as rúas do Barco desde o pavillón polideportivo a Casa Grande de Viloira para forzar que o conflito tivese solución.
Non menos importante foi a primeira concentración diante do Concello do Barco, o mesmo día que desafiuzaban aos traballadores de Samaca e pechábase así a nave e as oficinas. Todos a unha coma en Fuenteovejuna e o grito de «Irosa non se pecha», traballadores, sindicatos, representantes políticos —como a alcaldesa de Carballeda que encabezou esa primeira manifestación— e veciños que se ían incorporando ao longo da marcha visualizaron o problema loitando para forzar unha solución.
O corte da estrada OU-122 que levou aos traballadores camiñando ate a casa do presidente da comunidade de montes, Odilo Fernández, onde os traballadores, representantes sindicais e da empresa mantiveron unha conversa que permitiu que lle abriran as oficinas aos traballadores de Samaca para recoller material de traballo e persoal. Esta marcha forzou a reunión entre Odilo Fernández e Rogelio López.
Que o conflito era grabe xa se apreciaba a principios de ano cando o 2 de febreiro, Anxo Pérez, secretario de CIG-Ourense, desprazábase ata a de Irosa para dar conta da situación a los trabajadores. «Non quero alarmar nin tranquilizar, temos que estar ao tanto, estar pendientes, manter contactos, ter asesoramento; pero desde logo temos que defender isto» , decíalle aos alí reunidos.
Para finalizar os traballadores así como os sindicatos agradecen o apoio da cidadanía.