sábado. 03.06.2023
portada

A Veiga volverase a tinguir de baloncesto entre o 19 e o 25 de agosto

Chega a IV edición do campus Muebles Victoria Baloncesto —MVB—. O clube valdeorrés repite sede na Veiga para o seu campus de baloncesto. Do 19 ao 25 de agosto todos os amantes deste deporte, nados dende o ano 2010 cara adiante poderán desfrutar das actividades que este evento ofrece. Como novidade, este ano, aceptaranse participantes de categoría senior —maiores de idade—.



Non só é baloncesto, senón que no campus conflúen a convivencia entre todos os participantes, andainas pola contorna, momentos de ocio no embalse e comidas nos establecementos hostaleiros do concello. Ademais dos adestramentos, tras a cena, cada noite todos os xogadores medirán as súas habilidades en diferentes competicións relacionadas co baloncesto.

As instalacións utilizadas para o correcto desenvolvemento do campus foron cedidas polo concello da Veiga e o ministerio de educación, entre estas atópanse o pavillón, o ximnasio e o colexio da Veiga no que se pernoctará.


O campus do Muebles Victoria xa ten datas