sábado. 20.04.2024

O Concello da Veiga imparte diversos cursos relacionados coa apicultura, debido á grande demanda que ben a ter este sector nos últimos tempos. A actividade está exclusivamente destinada aos apicultores autóctonos e, o obxectivo principal é incrementar a produción de mel e previr pragas.

Hoxe, 3 de novembro, iniciábase o primeiro relatorio, impartido durante toda a mañá por Xurxo González Álvarez, apicultor e xerente de Abellas Hainas. Gónzález Álvarez falou sobre o control da vespa velutina e deu recomendacións aos asistentes sobre trampeo as arpas.

A idea dos cursos xurdiu, en parte, polo auxe que está a ter no concello de A Veiga a produción apícola. O crecemento é desorbitado, xa que hai dous anos, a produción non pasou duns 500 kg,  mentres que este ano ronda entre os 8000 e 10000 kg.

O aumento de mel, implica, dende o punto de vista do concello, que se precise mais formación no eido apícola. A partir desta premisa nace a idea de impartir estes cursos nos que participan aproximadamente vinte apicultores e apicultoras de A Veiga. Ademais, «o proxecto ilusiona, e moitos apicultores de prestixio queren participar nel, polo tanto, atopar a  oito magníficos relatores non supuxo un problema», sinalou Juan Anta, alcalde da Veiga.

Anta pensa que o ano que ven será necesario seguir mellorando e considera necesario abrir o mercado a outros lugares fora da comarca. Dende o Concello xa están traballando para que isto sexa posible.

Apicultor realizando as labouras nas colmeas

Durante os vindeiros dous meses impartiranse seis cursos máis, nos que se tratarán temas como a preparación para o inverno, a elaboración de produtos manufacturados como poden ser velas ou xabóns. Todos os cursos terán lugar na sala de conferencias do Toural ou no centro de desenvolvemento rural.

En engadido, o alcalde do concello da Veiga, pensa que o ano que ven é necesario seguir mellorando e considera necesario abrir o mercado a outros lugares fóra da comarca. Dende o Concello xa están traballando para que isto sexa posible.

Abellas traballando na colmea

A Veiga impulsa a formación dos seus apicultores