A biblioteca municipal da Rúa acollía a presentación do libro «Xosé Seivane, a gaita con maiúsculas», na tarde do venres 21 de xaneiro. O autor Xosé Manuel Sánchez Rei, o fillo de Seivane, Álvaro e Manuel Durán da Asociación Cultural Abertal estiveron presentes no acto.
«Xosé Manuel , a gaita con maiúscula» conta a vida de Seivane, non só desde o punto de vista da súa faceta como artesán, senón mais tamén tendo en consideración a familia, as amizades, o seu contexto vital e cultural etc. «Unha obra, en definitivo, que se torna indispensábel para as persoas que aman a música tradicional ou que coñeceron Seivane», sinala o editor.
Durán foi o encargado da presentación, na que non faltaron ás anécdotas de cando Xosé Seivane estivo por primeira vez na Rúa e de coma a estación do tren Rúa-Petín traía confusión con Ribeira de Piquín. A anécdota continuou na boca de Álvaro quen lembrou os comezos de seu pai e de coma se converteu no gran facedor de gaitas.
O estudoso da gaita e autor do libro foi o último en tomar a palabra. «O traballo foi concibido por Xosé Manuel Sánchez Rei para un público amplo, tanto especializado en diversos graos no mundo da gaita ou da música canto só interesado por simple vontade de coñecemento. De aí que algunhas persoas poidan entender que certos temas son sobradamente recorrentes, os cales, talvez, non o sexan para xente allea á música de orixe tradicional. E mesmo poderá haber xente que achará en falta certas cuestións ou un maior grao de aprofundamento en diversos aspectos, en paralelo a outra que, en confronto, é capaz de considerar que tales temas xa están desenvolvidos de modo suficiente», explica a páxina de Editorial Canela.
A obra de Sánchez Rei organizase en catro partes. Na primeira hai un achegamento ao artesán tendo como cerna a súa vida: onde nace, quen era a súa familia, o seu casamento con Fuencisla, como o lembran as persoas que o trataron na Ribeira de Piquín etc.
No seguinte capítulo Xosé Manuel Sánchez Rei céntrase de preferencia no desenvolvemento do Obradoiro, desde 1939, en que Seivane constrúe de modo autodidacta a súa primeira gaita, até ao momento en que se produce a unificación en Cambre, pasando polos diferentes locais en que estivo asentado.
A terceira das partes proporciona unha aproximación ao fabricante desde as impresións que gardan del persoas vinculadas ao mundo da gaita ou da cultura galega. E, no cuarto, faise unha compilación de melodías na que Seivane volta a ser protagonista. Diferéncianse dúas tipoloxías: unhas corresponden a pezas transmitidas, compostas ou interpretadas por Seivane e outras son creacións dedicadas a el; aquelas, máis de corenta, foron transcritas por Daniel Bellón e Pedro Lamas.
Na derradeira das partes recóllese de maneira sintética os aspectos máis relevantes expostos ao longo do traballo, o cal finda coas referencias e fontes documentais que figuran nel citadas.
O libro, no que colaboran Daniel Bellón e Pedro Lamas, contén, ademais dun álbum fotográfico que abarca a vida familiar e profesional de Xosé Seivane, doce imaxes realizadas en exclusiva para esta publicación polo recoñecido fotógrafo cántabro falar era o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, filólogo e gaiteiro, actualmente profesor na Universidade da Coruña e vicepresidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, quen asegurou que para el foi moi grato estar en Valdeorras “unha terra rica en viños e en cultura” para falar de Seivane, de gaitas, de música galega, unha tradición que hoxe é mantida por Abertal “unha referencia na comarca da nosa música tradicional, un dos nosos sinais de identidade como pobo galego”.