jueves. 03.07.2025

Sonia Garrido, mestra e pedagoga: «Abrín a academia porque sempre me gustou traballar con rapaces»

Aperta Academia acaba de abrir as súas portas en Miguel de Cervante número 20 da Rúa  co gallo de dar reforzo educativo desde infantil ata ESO
somoscomarca_231007_arua_enseñanza_apertaacademia_soniagarrido (4)

Aperta Academia ven de abrir as súas portas, este venres 6 de outubro no número 20 da rúa Miguel de Cervantes no municipio rues. Ao fronte Sonia Garrido, docente con dobre titulación en Maxisterio e Pedagoxía.

somoscomarca_231007_arua_enseñanza_apertaacademia_soniagarrido (2)
Os amigos de Sonia non faltaron a estrea da academia

Acompañada pola súa familia, amigos e, tamén xa por algún alumno Sonia celebra este primeiro día  con moita ilusión e é que volver á docencia é o que a motiva e realmente lle gusta.

«Abrina porque a min sempre me gustou traballar con rapaces. Levo moitos anos dedicándome a elo, estiven 6 anos nun centro de menores e despois por cousas da vida empece, así que decidinme a aventura  a traballar noutro ámbito e botábao de menos e foi o momento de facelo a miña maneira», conta.

somoscomarca_231007_arua_enseñanza_apertaacademia_soniagarrido (5)
Tampouco os seus tios

O nome é o mesmo que tiña a tenda de discos que había nos anos setenta no mesmo lugar. Como conta Sonia: «O nome ven de aí. Falei co dono que foi o que me ensinou o local e gustoume o nome e contoume a historia e quedoulle, Aperta». Decidiu ubicala na Rúa porque na Rúa porque «non había esta opción» e a casualidade fixo todo o demais.

Impartirá obradoiros de inglés para infantil con xogos de iteración, obradoiros, recursos audiovisuais e contacontos. O reforzo educativo para educación primaria e secundaria será outro dos piares  da academia.

somoscomarca_231007_arua_enseñanza_apertaacademia_soniagarrido (1)
E por suposto os futuros alumnos

Os grupos serán reducidos—cinco ou seis rapaces por hora— e a atención personalizada e empregarase as TICs e a aprendizaxe será creativa. Aperta Academia está na rúa Miguel de Cervantes  número 20, da Rúa. O teléfono de contacto é 614 10 37 64.

somoscomarca_231007_arua_enseñanza_apertaacademia_soniagarrido (3)
Sonia ás portas da academia repartindo a publicidade

Se queres ver e escoitar a conversa con Sonia Garrido o día da inauguración, está no seguinte vídeo:

 

Sonia Garrido, mestra e pedagoga: «Abrín a academia porque sempre me gustou traballar...