As voluntarias instalaron este 7 de maio unha mesa informativa e solidaria na Rúa co obxectivo de recadar fondos para a asociación, nunha xornada que coincidiu coa feira mensual e que, todo apunta, favorecerá unha boa resposta da veciñanza.
A iniciativa enmárcase dentro da campaña «Cando paras, movémonos contra o cancro», que lembra que cada achega conta: «A túa achega move investigación, move apoio e move esperanza». Unha mensaxe clara que busca implicar á sociedade na loita contra a enfermidade e avanzar cara a un obxectivo ambicioso: acadar un 70% de supervivencia en cancro.
A mesa estivo situada na zona onde antigamente se atopaba Mirria, un punto de gran tránsito durante a feira, o que permitiu dar visibilidade á campaña e facilitar a colaboración cidadá.
Desde a organización destacan a importancia destes xestos solidarios que, suma a suma, contribúen tanto ao financiamento da investigación como ao apoio ás persoas afectadas e ás súas familias. Unha vez máis, A Rúa respondeu con compromiso a unha causa que nos implica a todos
