viernes. 15.08.2025

A Rúa suspende o festival «O Son do Camiño» e as «Xornadas de Florclore»

«Por motivos de seguridade e respecto» quedan suspendidas as actividades culturais e festivas programadas para esta fin de semana no concello rués
somoscomarca_petin_incendio_brigadasincendios_helicopteros (2)
somoscomarca_petin_incendio_brigadasincendios_helicopteros (2)

O Concello da Rúa anunciou este venres a suspensión de dous eventos destacados do seu verán cultural, programados para esta fin de semana: o festival «O Son do Camiño», previsto para hoxe, 15 de agosto, e as «XL Xornadas de Folclore», que se ían celebrar mañá, 16 de agosto.

Nun comunicado oficial, o consistorio explicou que a decisión se adopta «por motivos de seguridade e en sinal de respecto» ante a grave situación que vive a comarca e outras zonas próximas pola vaga de incendios forestais.

«Seguimos con preocupación a evolución dos lumes e mandamos toda a nosa forza aos concellos que están a sufrilos un ano máis», sinala a comunicación municipal, que tamén recolle un chamamento á cidadanía «para que extremen as precaucións e sigan as indicacións do 112 e das autoridades competentes».

Por outro lado o pavillón polideportivo da localidade está a albergar aos membros da UME —Unidad Militar de Emerxencia— que estes días andan a facer a laboura de axudar a extinguir os lumes na comarca e fora dela.

A vaga de lumes que afecta a diferentes puntos da comarca e arredores, tamén en Galicia e no noroeste peninsular está a deixar imaxes de devastación en montes e aldeas, así como unha densa capa de fume que dificulta as condicións de vida en varias localidades. No caso da Rúa, aínda que o municipio non se viu directamente afectado polas chamas nas últimas horas, o goberno local optou por priorizar a seguridade e a solidariedade cos territorios máis castigados.

A Rúa suspende o festival «O Son do Camiño» e as «Xornadas de Florclore»