lunes. 05.06.2023

José Vicente Solarat volve a poñerse á fronte do R.U.A nestas eleccións

Esta será a sétima ocasión na que o R.U.A se presente ás eleccións municipais dende o ano 1995. Así, a Solarat acompáñano Fernando Rodríguez, Anabel Ares e David Corzo
somoscomarca_arua_sederua_vicentesolarat_ana_fernando_david__2023_03_232023-4179 (1)
José Vicente Solarat volve a poñerse á fronte do R.U.A nestas eleccións

O R.U.A (Rueses Unidos Adiante) volverá concorrer ás vindeiras eleccións ao Concello da Rúa con José Vicente Solarat á fronte. A agrupación presentaba a súa candidatura xunto coa nova sede no Nº2 da rúa Campogrande.

Esta será a sétima ocasión na que o R.U.A se presente ás eleccións municipais dende o ano 1995. Así, a Solarat acompáñano Fernando Rodríguez, Anabel Ares e David Corzo.

Tamén tenden a man a veciños que se queiran unir ás listas. Poderán facelo no propio local en horario de mañá (de 11h a 13:30h) e tarde (de 19h a 20:30h), ou a través da dirección de correo electrónico [email protected]

Así, dende o R.U.A  queren “saudar con cordialidade ao resto de candidatos da Rúa e dos concellos limítrofes”. “Nacemos cada catro anos, pero sempre temos a mesma filosofía”, afirman.

Nesta presentación, José Vicente Solarat tamén quixo expoñer os obxectivos principais da corporación. “A Rúa volverá ser un referente a nivel comarcal e provincial”, con catro liñas de acción principais.

“A Rúa conta con moitos servizos pero algúns deles fóronse deteriorando”, afirma o candidato. Así, o R.U.A. “incidirá nas comunicacións, xa que non temos tren, temos vía”. Por outra banda, a corporación quixo facer fincapé no envellecemento da poboación e na xuventude, xa que son as persoas que precisan de máis axuda social actualmente. Pero sen esquecerse do sector do viño, do turismo e diversas iniciativas empresariais.

Ademais, José Vicente Solarat afirmaba que no concello hai postos de traballo, pero o 75% da poboación está ocupada no sector servizos. Sector ao que quere prestar especial atención, xa que a hostalaría “non só necesita saber facelo ben por si mesma, senón que tamén que haxa un pequeno motor que impulse a afluencia”. “Imos permitir que se poda seguir sostendo a actividade no noso pobo”, afirmaba.

Para concluír, Solarat reflexionaba en que “hai catorce anos que non son alcalde, e todos os que imos concorrer a estas eleccións somos ex alcaldes. A nosa proposta é consciente e hai 10 temas fundamentais nos que hai que poñerse dacordo”. Así, rematou tendendo a man ao resto dos candidatos, propoñendo unha xunta “na que todo o mundo participe”.

José Vicente Solarat volve a poñerse á fronte do R.U.A nestas eleccións