Efectivos de Protección Civil de A Rúa procederon neste sábado 14 de febreiro á retirada dun chopo de grandes dimensións que caeu sobre un camiño peonil na zona recreativa de O Aguillón, no entorno do arboretum coñecido como A Chopera.
A caída da árbore podeu produciuse debido ás das fortes rachas de vento rexistradas durante a noite, agravadas polas precipitación incesables no último mes, circunstancia que está a afectar a numerosos árbores de ribeira e a súa estabilidade.
O chopo caeu sobre un camiño transitado pola xente que pasea ou fai deporte na zona ao longo de todo o día, o que fixo necesaria unha intervención inmediata para garantir a seguridade.
Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos da Policía Local da Rúa, que colaboraron no aseguramento da zona mentres se realizaban os traballos de retirada.
Non se rexistraron danos persoais.
