O bispo de Astorga, Jesús Fernández, participou das actividades que o colexio diocesano Pablo VI realizou por mor do Día de Rosalía. Unha das máis salientables foi o «Caldo de Gloria», unha iniciativa inspirada no poema «Miña casiña, meu lar» da súa obra Follas Novas, na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

O «Caldo de Gloria» do colexio Pablo VI, levaba verzas e patacas e de seguro que coma o de Rosalía, un pouco de unto tamén debéronlle botar. Ao señor bispo gustoulle e os rapaces e rapazas relambíanse.

O caldo serviuse en cuncas, como non podía ser doutro xeito e sobre un pano de papel onde se podía ler «Miña casa, meu lar» que inspirou unha iniciativa da Fundación Rosalía de Castro e na que o colexio participou activamente.

Tratábase de facer un Caldo de Gloria, ben seguindo as instrucións que Rosalía dá no poema o facendo o ao seu xeito, logo ler un poema rosaliano e por último desfrutalo e compartilo nas redes sociais cos «hashtags»: #CaldodeGloria e #DíadeRosalía.

Unha xornada de lecer onde a rapazada ademais de compartir mesa co bispo de Astorga, Jesús Fernández, saborearon o caldo e sobre todo mergulláronse na poesía de Rosalía
