jueves. 28.03.2024

No que fora o antigo edificio da Casa do Concello da Rúa, fronte a igrexa de Santo Estevo, un grupo de mulleres traballa polas tardes facendo unha alfombra pola paz. Levan máis de 15 anos realizando as alfombras do Corpus e agora participan nunha iniciativa a nivel mundial para promover a Paz, «Flowers of Peace».

«Estamos nunha asociación de alfombristas e, da de Italia mandaron este debuxo que estamos facendo desde todo o mundo», explicaba Fina Álvarez unha das integrantes do grupo que segundo as súas compañeiras é un piar moi importante. Fina encárgase de pasar o debuxo elixido á dimensión real (neste caso enviáronllo a través de Whatsapp) Tamén escolle o material que se vai usar para perfilar —millo, garavanzos, lentellas, fabas...— e as cores, iso si, aconsellándose co resto. Ocúpase, xunto a outros membros do grupo, de tinguir a sal coa que se enchen as figuras e motivos ou elixir outros materiais: tulla, verde, flor.

somoscomarca_arua_alfombras_alfombrasporlapaz_ucrania_2022 (8)
Fina, Estrella e Manuela comentan como colocar o perfil azul do corazón 

Da gusto ver esta cuadrilla de mulleres que traballan como formigas e pasan un rato agradable entre charlas e risas. «Tu ves os nenos cando están xogando no parque, pois nos e o mesmo aquí», sinalaba Cocha. Agardan que a súa paixón agrome nas vindeiras xeracións e xa lle van metendo aos máis  pequenos o bule bule no corpo. «Na última que fixemos para o Corpus no altar da casa estabamos tres xeracións a abuela, o pai e os nenos», comenta Carmen orgullosa en referencia ao seu fillo e netos. «Hai nenas que se levantaron as seis da mañá para axudarnos  na do Xacoveo», engade Fina.

Ás alfombras que realizan ano tras ano para o Corpus, agás durante a pandemia a última vez ca Rúa vestiu con alfombras o Corpus foi en 2019, uníronse a do Xacobeo e agora esta pola paz e cese da guerra en Ucranía.

Un corazón amarelo e azul pola paz

O debuxo enviado pola Asociación Nacional Infiorate Artísticas, Infioritalia, é un corazón azul e amarelo en cuxo centro aparece a pomba da paz e no fondo o nome da vila que fai a alfombra e a palabra paz.

somoscomarca_arua_alfombras_alfombrasporlapaz_ucrania_2022 (2)
Pilar, Paquita e Carmen colocan o millo prateado para formar o corpo da pomba no segundo módulo

A alfombra da parroquia de Santo Estevo da Rúa estará situada ao carón da igrexa, na azotea que está por riba do lavadoiro. A representación gráfica do corazón e a pomba terá unhas dimensións de 2,70 x 2,70 metros, aínda que a alfombra pasará dos cinco. Ao debuxo orixinal engadiráselle ao redor as cores amarela e vermella da bandeira de España que completarán as medidas finais.

Proceso creativo

O primeiro que se fai é adaptar o debuxo ás medidas reais que vai ter o traballo final. Para que todo o grupo poda traballar dividiuse  o voceto en tres módulos. Un deles está formada pola parte superior do corazón e as ás da pomba, no seguinte está o corpo da ave e no derradeiro, a parte inferior do corazón onde van as palabras Paz e A Rúa.

somoscomarca_arua_alfombras_alfombrasporlapaz_ucrania_2022 (6)
Estrella e Manuela colocan o millo azul no pico do corazón onde irán as verbas:paz e A Rúa

No traballo previo ao día da colocación fanse os perfiles, neste caso elixiron o millo. Azul e amarelo para o corazón, prata para a pomba. O domingo colocaranse os vocetos no chan e será cando se enchan ca sal de cores. Está previsto comezar cos traballos ás seis da mañá para que ás 10 estean concluídos e poderase, entón, contemplar un traballo «moi importante, porque está feito por e para a paz».

somoscomarca_arua_alfombras_alfombrasporlapaz_ucrania_2022 (1)
Unhas sorrintes Manuela e Concha non poden negar que lles gusta o que fan

 

No seguinte video podes ver e escoitar a conversa que mativemos con: 

Unha alfombra para a paz desde a parroquia de Santo Estevo da Rúa