viernes. 29.03.2024
portada

Ante a profusión de vivendas inhabitadas en estado de ruina ou semi ruina que se poden atopar no municipio de A Rúa, o Concello recorda aos veciños a necesidade de arranxar os desperfectos para “que non se produzan desprendementos que podan causar danos aos viandantes”. Así o explica o alcalde, Luis Fernández Gudiña, aludindo ao “primeiro caso que temos tan espectacular” dun derrumbe parcial da fachada dunha casa antiga da que numerosos castotes cairon á rúa Ramona Ojea, a noite do pasado 29 de decembro do 2017.

A raíz deste caso, o grupo da oposición popular pediu ao alcalde un estudio técnico de todos os edificios da zona, para controlar que cousas así non podan repetirse. Gudiña, pola súa banda, defende un seguimento que “dende sempre levamos facendo a través da Policía Local”, de todos aqueles edificios que “ao noso entender presentan un estado ruinoso”. Con esa información, explica o rexedor que a actuación do Concello se limita a acordonar a zona para que “non haxa perigo para os veciños que pasan a carón das vivendas afectadas”.

Ante o feito de que o Concello “non pode obrigar a ninguén a que manteña en bo estado o seu edificio”, fai unha chamada ao civismo, e pide que cada un revise “os seus establecementos ou vivendas que están en mal estado”. Esta chamada de atención chega tras detectar un número elevado de inmuebles en estado semi ruinoso “non soamente nos núcleos que rodean ao concello, senón na zona urbana”. Conta o rexedor que teñen problemas cunha vivenda “en Somoza, na Rúa Vella, en Vilela, en Fontei, e incluso na Rúa Progreso onde tuvemos problemas cun edificio”.

A Rúa pide que as vivendas non habitadas se manteñan en boas condicións