sábado. 21.06.2025

A Rúa lanza a súa programación de teatro

O vindeiro sábado día 16 de febreiro é a data escollida polo Concello da Rúa para abrir o programa teatral desta tempada, que traerá aos escenarios do Centro Cultural Avenida, cuatro obras no primeiro semestre do ano. «Completamos a nosa oferta cultural, como vimos facendo nos últimos anos, coa programación teatral, tras presentar en xaneiro, a programación de cine» explicou o alcalde da vila, Luis Fernández Gudiña.

O rexidor rués anunciou que «este sábado se representará unha obra para público familiar e cativos dende os 4 anos, e animamos a que a xente apoie o teatro asistindo, como se está a facer co cine». A representación leva por título Pum, pum!, da compañía Baobab Teatro, e narra a historia de Marieta, unha nena de 5 anos rodeada de portas que se abren e contan relatos que teñen música que soan cando Marieta quere. Pero Marieta ten unha porta que garda un segredo que nunca contou.

Imagen de la representación teatral Pum, pum! de Baobab Teatro.

A cita co teatro na Rúa será a partires das 18:00 horas, cando o público que asista poderá disfrutar dun espectáculo de monicreques que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos de curta idade, e que envía unha mensaxe: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer aquelas cousas que non queren facer.

En canto ás seguintes obras, o 9 de marzo visitará A Rúa a compañía Redrum Producciones coa obra Invisibles, o 20 de abril Culturactiva traerá Papar sen cancelas, e o 18 de maio a compañía Os Naufragos representará a obra Castrapos.

A Rúa lanza a súa programación de teatro