sábado. 20.04.2024
somoscomarca_camas_hospital_hpv_ingreso_2022-03-10 (3)
A Xunta destina 474.562€ para renovar as camas e mobiliario do Hospital de Valdeorras

A páxina do perfil do contratante da Xunta de Galicia recolle hoxe a a licitación, pola vía de urxencia, para a compra de mobiliario de uso médico destinado ao Hospital Público de Valdeorras, que inclúe 106 camas, 106 mesillas e 106 sillóns para pacientes, un orzamento de 474.562 euros para a total renovación deste equipamento no centro, das áreas de hospitalización, urxencias a despertar.

A licitación inclúese nun contrato de subministración de distinto equipamento destinado aos hospitais públicos de A Coruña, Vigo e Verín, este último cun orzamento de 179.080 euros, tamén para a renovación de mobiliario destinado ao paciente, en concreto, de 40 das súas camas, sillóns e mesillas.

Cara a adxudicación valorarase especialmente criterios como extensión da garantía,  accesibilidade dos equipos, ou no caso das camas inclusión de novas tecnoloxías, como incorporación de pesaxe do paciente, ou incluso monitorización remota de todas as camas, ademais doutros orientados á funcionalidade como os colchóns, as rodas, ou ás facilidades para acoplar osixeno, portasoros, etc.

Este equipamento forma parte do compromiso expresado pola Consellería de Sanidade co Distrito Sanitario de Valdeorras e que se está a plasmar no investimento en obras e material electromédico e de alta tecnoloxía, entre o que se inclue o novo ecocardiógrafo, xa instalado, que permite realizar algunhas das probas cardiolóxicas que se indican aos pacientes oncolóxicos; o novo ecógrafo xinecolóxico que, que permite a realización de estudos de mama, ademáis doutras probas xinecolóxicas ou seguemento do embarazo.

Ademais destes equipos de imaxe, ben de completarse a modernización do equipamento de farmacia e a dixitalización da sala de radioloxía, e está instalado no quirófano o novo equipamento radio-cirúrxico, para uso intraoperatorio, mentres que este ano está prevista a licitación dun novo TAC, xa incluido nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2022.

A Xunta destina 474.562€ para renovar as camas e mobiliario do Hospital de Valdeorras