domingo. 15.06.2025

O PSOE pide a creación de dúas unidades para a diagnose e tratamento da silicose

O partido reclama a creación de dúas unidades médicas de referencia en Galicia, unha en Ourense e outra en Pontevedra, para o deteccion y tratamento da enfermidade
psoe_canterasdepizarra_23_02_2022
O PSOE pide a creación de dúas unidades para a diagnose e tratamento da silicose

PSdeG-PSOE reclama a creación de dúas unidades médicas de referencia en Galicia, unha en Ourense e outra en Pontevedra, para o deteccion y tratamento da silicose, xa que na actualidade os afectados e afectadas deben desprazarse ata Asturias para obter unha atención especializada.

Igualmente, a través desta iniciativa que se debaterá na Deputación de Ourense e que xa foi elevada ao Parlamento de Galicia, instan á posta en marcha dun programa integral sobre a silicose coa participación das consellerías de Emprego, Sanidade e Industria, no que se inclúa "formación; protocolos de actuación, control e investigación”.

Tamén demandan a implantación no Hospital Comarcal de Valdeorras dunha unidade de pneumoloxía, coordinada coa do hospital de referencia da provincia, para o seguimento periódico de doentes, debido á elevada incidencia de casos nesta comarca. Desde o PSdeG-PSOE tamén piden ao goberno provincial que manifeste publicamente o compromiso de defender os intereses da veciñanza, esixindo á Xunta o cumprimento destas necesidades.

A presenza desta enfermidade en Galicia está relacionada coas actividades extractivas da lousa e pedra, cunha prevalencia máis notable nas comarcas do sur de Lugo, Valdeorras e no Porriño. No informe 'Novos casos de silicose no sector da pizarra' realizado polo Instituto Nacional de Silicose (INS), obsérvase con claridade a evolución a peor no número de casos detectados, pasando de 14 no 2008 a 126 no 2018.

O grupo provincial socialista recolle pois esta "necesaria reivindicación" realizada dos sindicatos e a patronal, trasladada en firme ao convenio colectivo, co fin de "mellorar a atención", "evitar traslados de traballadores e traballadoras ata Oviedo, debido aos custes económicos e persoais que iso supón" e dada a "incidencia do problema na nosa comunidade autónoma", especialmente en Valdeorras e no interior da provincia de Pontevedra.

A silicose é unha enfermidade que non ten cura e que afecta ao sistema respiratorio pola inhalación mantida da sílice cristalina, vinculada desde tempo atrás ás actividades de minería, xerando inflamación e fibrose e podendo chegar a provocar unha insuficiencia respiratoria grave.                     

O PSOE pide a creación de dúas unidades para a diagnose e tratamento da silicose