
CCOO de Industria de Galicia esixe a creación dunha Unidade de Pneumoloxía e dunha oficina do Instituto Nacional de silicose no Hospital Comarcal de Valdeorras. Aseguran que o primeiro que falla é a Prevención, debido a que existe un punto negro en canto á Vixiancia da Saúde das persoas traballadoras afectadas.
«Os Servicios de Prevención só se ocupan de respetar ao límite á legalidade en canto a parámetros de afectación e non evitar na medida do posible a aparición de enfermidades profesionais debidas á silicose», destacan.
Desde CCOO afirman levar anos mantendo conversacións co Clúster da Lousa, coa Consellería de Sanidade e co Instituto Nacional de Silicose para reivindicar estes dous puntos no Hospital Comarcal de Valdeorras.
O sindicato destaca que «por parte del INS non hai ningún problema, pero por parte da Consellería, e sobre todo por parte do Clúster da Lousa, no ven necesaria a creación desta Unidade de Pneumoloxía, que entenden que facilitaría a Vixilancia da Saúde do conxunto das persoas traballadoras afectadas».
Tendo en conta que a maioría da afectación se produce nas louseiras, desde CCOO de Industria de Galicia esixen o compromiso do Clúster e da Consellería de Sanidade para así poder mellorar o estado de saúde de todos os traballadores e traballadoras.