Nada máis recibir comunicación esta mañá, da Asesoría Xurídica do Servizo Galego de Saúde, declarando a extinción anticipada do contrato e habilitando á toma de medidas provisionais, a Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ven de informar ao persoal de seguridade de Mersant Vigilancia S.L., nos hospitais públicos de Valdeorras e Verín da intervención de dito contrato a través da empresa Protección y seguridad técnica S.A. que subrogará ao persoal e servizos de inmediato, a partir das 24.00 de mañá 26 de abril.
Igualmente, como se lles trasladou aos traballadores o pasado mes de marzo, desde ese mesmo momento, o mércores día 27, iniciaranse os trámites para proceder á nova licitación do servizo de vixilancia e seguridade de ambos centros sanitarios, de acordo cos prazos e garantías de obrigado cumprimento.
Con este contrato, chegase ao fin a unha solución no marco da legalidade, para estes traballadores que garante os seus dereitos e a continuidade do servizo, tras meses de mediación e esforzos desde a dirección da Área e dos distritos sanitarios, ante a falta da colaboración e incumprimentos da empresa Mersant, que agora deberá responder ante os traballadores pola vía xudicial.