sábado. 20.04.2024
somoscomarca_camas_hospital_hpv_ingreso_2022-03-10 (2)
O Hospital Público de Valdeorras incorpora 14 profesionais

Desde hoxe os tres hospitais públicos da provincia en Ourense, Verín e Valdeorras contarán con 143 profesionais máis con praza en propiedade tras superar unha das oferta públicas de emprego que culminan hoxe e polo que se incorporarán ao do Servizo Galego de Saúde 996 facultativos especialistas e 318 son técnicos sanitarios.

Na Área Sanitaria de Ourense abrese hoxe o prazo para a toma de posesión dos 112 médicos e medicas de trinta e dúas especialidades, 86 no Hospital Universitario de Ourense e 26 nos hospitais públicos de Valdeorras, 14, e Verín 12. Xunto a eles tomarán posesión estes días 32 técnicos/as superiores, 22 en Ourense, 5 en Valdeorras e 4 en Verín.

Entre o persoal das distintas especialidades as máis numerosas son pediatría, con 9 prazas, urxencias, con 13; xinecoloxía e obstetricia, con 7; anestesia e reanimación, con 9 nos tres hospitais, e cirurxía xeral e do aparello dixestivo e Radiodiagnóstico ambos con 6.

Os novos e novas facultativas titulares son especialistas Análises Clínicos, Admisión, Anestesia e Reanimación, Aparello Dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Dermatoloxía, Endocrinoloxía, Farmacia Hospitalaria, Hematoloxía, Medicina Física e Rehabilitación, Medicina Intensiva, Medicina Preventiva, Microbioloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Neurofisioloxía, Neuroloxía, Xinecoloxía e Obstetricia, Oftalmoloxía,  Oncoloxía Médica, Otorrinolaringoloxía, Pediatría, Neumoloxía, Psicoloxía, Psiquiatría, Radiodiagnóstico, Radiofísica, Reumatoloxía, Uroloxía e Urxencias.

133 especialistas hospitalarios desde outubre

Esta estabilización dos facultativos especialistas hospitalarios sumase a recente incorporación, o pasado mes de outubro, dos 21 novos titulares de Medicina Interna (11) e Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica(10). Por Hospitais: 4 internistas tomaron posesión das súas prazas no Hospital Público de Valdeorras, 2 no de Verín, e 5 no de Ourense. Mentres que os de Traumatoloxía corresponden 7 ao de Ourense, 2 ao do Valdeorras e un no de Verín.

Tamén por especialidades tomarán posesión desde hoxe 3 técnicos superiores en anatomía patolóxica no Hospital U. de Ourense, 15 en radiodiagnóstico (1 en Verín, 1 no Barco) 5 de Laboratorio (2 no Barco, 3 en Verín) e 8 de Farmacia (6 en Ourense e 2 no Barco).

Á espera do peche do prazo para completar os tramites, a incorporación desta OPE consolidará a praza de moitos xóvenes profesionais xa vinculados aos tres hospitais e tamén axudará a completar o cadro de persoal de algunhas especialidades moi demandadas como Dermaloxía, no Hospital de Verín, Rehabilitación, no de Valdeorras e Ourense,  Pediatría, Admisión e Medicina no Barco, xunto con moitas outras moi necesarias para atender a ampla oferta asistencial dos tres hospitais públicos da provincia.

Ao longo deste mes sucederanse máis datas clave nas ofertas públicas de emprego. Concursos de traslados, de axustamentos internos e novos procesos de estabilización, no que está a supoñer un reto de intensísimo traballo, por parte do persoal de Recursos Humanos da Área Sanitaria no seu conxunto, incluindo ao persoal dos distritos sanitarios.

A Xunta de Galicia continua así co seu traballo no proceso de ampliar a estabilización dos cadros de persoal dos centros sanitarios públicos, medidas que contribúen a fomentar a conciliación e o desenvolvemento da carreira profesional, mellorando a vinculación cos seus pacientes e centros.

O Hospital Público de Valdeorras incorpora 14 profesionais máis con praza en propiedade