
A terceira Festa do Botelo na cidade de Vigo celebrouse hoxe con gran afluencia de público. Uns 200 comensais degustaron o singular botelo acompañado de cachelo s e verdura no salón do Hotel Coia de Vigo . Ao acto asistiron como representación institución al do Concello do Barco, o alcalde , Alfredo García e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta acompañados do alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Deputación de Ponte vedra, Carmela Silva e a concelleira de Servizos Socias e Formación, Soledad Girón, do Concello do Porriño.
A comida comezou ás 14:30 horas con sopa e empanada de maravallas, a continuación erviuse botelo. A degustación do botelo,é dicir, o estómago do porco recheo de costelas adubadas e afumado e posteriormente cocido para o seu consumo, acompañou se con viño branco da Adega D ́Berna e o tinto da Cooperativa Xesús Nazareno de O Barco . Para a sobremesa estivo presente a torta de roxóns e a música para o baile de peche do acto. Este foi o último acto promocional do botelo desta tempada. O Concello do Barco organizou unha serie de actividades este ano e deu continuidade a outras para seguir dando a coñecer o embutido rei do inverno valdeorrés, o botelo. Esta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014 celebrou o pasado día 21 de xaneiro na vila do Barco a súa décimo séptima edición. Continuou coa súa promoción fora das terras valdeorresas en Coruña o pasado día 11 de febreiro e rematou a actividade hoxe en Vigo
.