jueves. 29.02.2024
WhatsApp Image 2022-08-26 at 3.28.19 PM
Esther Álvarez, nova xefa do servizo de xinecología e obstetricia da Área Sanitaria

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o nomeamento de Esther Álvarez Silvares como xefa de servizo de Obstetricia e Xinecoloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,  de acordo co disposto nas bases da convocatoria, e logo da actuación da Comisión de Avaliación, á vista dos méritos achegados e da defensa do proxecto técnico de xestión para este departamento.

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse como especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, vía MIR desde 1992, no Hospital Universitario de Ourense, ao que continua  vencellada, responsabilizándose da área de obstetricia, con nomeamento como xefa de sección en 2014.

A súa labor clínica vai parella dunha intensa labor docente, investigadora e de formación científica, que a fan merecedora dunha extensa titulación especializada no eido da xestación, o seguemento e as complicacións do embarazo, o parto e a saúde da muller así como de xestión clínica; posuindo o máster de actualización profesional para xinecólogos da Universidade de Barcelona, e por esta mesma universidade, dos títulos de experta en Exploración Xinecolóxica e Patoloxía Mamaria e Vulvar, e Experta en Patoloxía Uterina, Menopausia, e Reproducción,  así como unha ampla formación acreditada en ecografía e ecocardiografía obstétrica, xinecolóxica e fetal, entre outros moitos campos.

Membro da Comisión Nacional da Especialidade de Obstetricia e Xinecoloxía é colaboradora docente da Universidade de Santiago de Compostela, no Departamento de Xinecoloxía e Obstetricia e, ao longo da súa traxectoria, está desenvolver numerosas iniciativas docentes, participando como profesora nun centenar de cursos de formación continuada entre os que destacan os obradoiros de simulación obstétrica e partos.

Máis de 80 publicación e unha patente

A doutora Álvarez Silvares posúe o título de suficiencia investigadora pola Universidade de Salamanca, e realizou o curso de doutorado en patoloxía tumoral, nesta mesma universidade, desenvolvendo, xa desde o inicio da súa carreira, un intenso traballo de investigación que se plasma en máis de oitenta publicacións en revistas científicas nacionais e internacionais, sendo autora e coautora de libros e protocolos de manexo obstétrico de referencia.

Nos últimos anos, a súa faceta investigadora está centrada no eido da diabete xestacional; as alteracións do crecemento fetal, e a hipertensión no embarazo, colaborando, recentemente, co Campus de Ourense, no marco da Universidade da Auga, con publicacións conxuntas sobre a presenza de tóxicos ambientais e metais pesados no meconio e na placenta, así como alteracións obstétricas asociadas.

Neste intre é investigadora colaboradora nun proxecto convocado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, para elaborar un Rexistro Epidemiolóxico de Embarazadas con Covid19, no que participan mais dun centenar de hospitais nacionais.

Entre máis dunha ducia de recoñecementos, polo seu esforzo investigador, en 2012 recibíu  o premio nacional “Loli Martínez de Carrera de Investigación  en Medicina Perinatal” concedido pola  SEGO (Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia). Así como o de “Boas Prácticas no Sistema Nacional de Saúde 2019” do Ministerio de Sanidad, Consumo e Benestar Social no apartado de traxectorias científicas.

Froito da súa actividade docente, desenvolveu e patentou, conxuntamente con outras dúas profesionais, un “Simulador uterino para emerxencias obstétricas desbotable e biodegradable”.

Esther Álvarez, nova xefa do servizo de xinecología e obstetricia da Área Sanitaria