
16 de febrero de 2023, 10:33
O Entroido deste 2023, o primeiro ano de normalidade trala pandemia, vén cargado de actividades. Dende os máis pequenos aos máis maiores teñen cabida, non o podes perder.
Folións, comparsas, fariña, música, xantares, festa... e sobre todo disfraces, son algúns dos principais atractivos do Entroido na nosa comarca. Apunta na axenda as datas e as horas para non faltar.
Xoves 16 de febreiro
- A Veiga. Xoves de Lardeira. Tarde de farelada e disfraces a partir das 16:00 horas. Cada “Entrudio” contará cun premio de 30 euros. A continuación, terá lugar unha cea no Albergue Montañas de Trevinca (teléfono: 669 522 709).
- Manzaneda. Xoves de Comadres. Os folións percorrerán as rúas da vila.
- Viana do Bolo. Xoves de Comadres. Os nenos e nenas do CEIP Bibei realizarán un desfile ás 12:00 horas. Xa pola tarde noite haberá fariña, disfraces e fulión, para rematar coa cea de compadres (amenizada pola discomóbil “Tómalle Outra”) e cunha discomóbil. Este día rematará ás 00:00 horas coa colga da lardeira e posterior festa.

Sábado 18 de febreiro
- A Pobra de Trives. Concerto do grupo Malenne e Discomóbil Chocolate. A partires das 22:00 horas na Praza do Reloxo, o grupo monfortino inundará a vila de versións de indie e pop, para que ao seu remate, comece a festa a cargo da discomóbil.
- A Portela. I Festa do Caldo. Caldo, carne do caldo, torta de roxóns, café de pota e licores, a partires das 14:00 horas na Casa do Pobo.
- Rubiá. Entroido Miúdo. A partires das 17:00 horas, desfile amenizado pola Charanga Louband. Ao remate, terá lugar a actuación de DJ Rafa e unha chocolatada na Praza do Concello.

- Viana do Bolo. Ronda, Brindes e Disputa. As comparsas toman de novo as rúas das aldeas para manter as tradicións ancestrais. Ás 11:00 horas terá lugar en Rubiais, mentres que en Solbeira será ás 17:00 horas.
- Vilamartín. Desfile de Entroido. Saída da Rodeleira ás 17:30 horas, ata a Praza Xosé Luis Núñez. Ao remate haberá chocolatada, orellas e discomóbil Danzalia.
-
Desfile de Comparasas en Vilamartín - Vilariño de Conso. XXXIV Festa do Cabrito. A partires das 12:00 horas terá lugar o desfile de folións no cal se celebrará tamén o VII Concurso de Carrozas. Ao finalizar, o pavillón municipal acollerá aos presentes, os cales poderán degustar o cabrito, entre outras cousas, por 20€.

Domingo 19 de febreiro
- A Rúa. Petit Cabaré Pistacatro. Ás 17:30 horas no Centro Cultural Avenida terá lugar un espectáculo de novo circo realizado por tres artistas en formato showcase (mestura de varias disciplinas).
- Manzaneda. Fuliada en San Martiño. A partires das 16:00 horas.
- Rubiá. Desfile de Comparsas. Comezo dende a Praza da Baicela ás 17:00 horas ata o pavillón. Durante o percorrido, as comparsas irán acompañadas da charanga Louband.
-
Entroido de Rubiá - Viana do Bolo. Domingo Gordo. Desfile de fulións, boteiros e carrozas (que se disputarán un primeiro premio de 1.000 euros, o segundo clasificado levará 750 e o terceiro 500; a repartir entre aqueles que se apunten no consistorio antes do día 16) ata a Praza Maior a partires das 11:00 horas. Pola tarde, baixada dos folións ata a praza coa Charanga TNT.
- Viana do Bolo. 51 Festa da Androlla. Cun menú composto de consomé, androlla, chourizo, lacón, grelos, patacas, cordeiro, bica, café, queimada e chupitos; tanto integrantes dos folións como asistentes reuniranse no pavillón municipal para xantar.

Luns 20 de febreiro
- A Pobra de Trives. Entroido Infantil. A partires das 16:30 horas na Praza do Reloxo, con chocolatada, discomóbil e animación con pompas e figuras.
- O Barco. Festa Infantil. O Pavillón Vello acollerá a partires das 17:00 horas unha festa con baile de disfraces a cargo do grupo Pamisuki. O seu espectáculo inclúe unha gran variedade de cancións infantís e actuais, nas que hai constantemente unha activa participación dos nenos con xogos e bailes.
- Petín. Entroido Intantil/Xuvenil. Con comezo ás 16:30 horas, o Teleclub acollerá actividades con xogos, animación infantil e música. Ás 18:30 horas haberá unha chocolatada para todos. Prazas limitadas con inscrición previa no teléfono: 988 310 223.

- Viana do Bolo. Entroido Infantil. A partires das 16:30 horas dará comenzo a coa saída do Fulión Infantil dende a Rotonda do Boteiro, que percorrerá as rúas de Viana ata rematar na Praza Maior. Alí, terán lugar actividades como photocall, roteiro de xogos cooperativos, chocolatada, animación e baile familiar cun dj. Así, ás 20:00 horas terá lugar o fulión trapalleiro.
- Vilariño de Conso. Luns de Entroido. Dará comezo ás 19:00 horas coa Ronda de Fulión. Ao remate (20:30 horas), terá lugar unha degustación de porco ao espeto (5 euros por persoa), para clausurar con festa e concurso de disfraces amenizado polo Grupo Assia.

Martes 21 de febreiro
- A Pobra de Trives. Batucada. Actuación de Tabaleiros da Istoria polas rúas da vila a partires das 16:15 horas. As actuacións deste grupo contan con tambores que reproducen un son profundo, forte, violento, ruidoso típico dos ritmos en auxe nos séculos escuros da historia.
- A Pobra de Trives. Desfile de Entroido. Comparsas, carrozas e folións desfilarán a partires das 17:15 horas polas rúas da vila. Ao remate, entrega de premios e fin de festa.
- A Rúa. Desfile de Folións e Comparsas. Saída ás 16:30 horas dende a rúa Irmáns Xurxo (xunto á Residencia Nuestra Señora de Fátima).
- A Veiga. Martes de Entroido. Desfile de carrozas e fulións polas rúas principais a partires das 12:30 horas.
- A Veiga. XVII Festa da Soá. A partires das 14:00 horas no Pavillón Municipal (venda de entradas en Abanca de A Veiga, 15 €). Nesta cita gastronómica, a soá non se serve soa, senón que vai acompañada en primeiro lugar, de sopa. E despois doutras partes do porco, ademais dos grelos e as patacas. Para rematar, non poden faltar as tradicionais orellas de Entroido.
- Manzaneda. Fulión Tradicional e Entroido. Dará comezo ás 11:30 horas co desfile de fulións pola vila con inicio no patio do CEIP Manzaneda. Para rematar, terá lugar un xantar popular ás 14:00 horas.
- O Barco. Desfile de Comparsas. Con saída na Avenida Conde Fenosa (á altura do hospital) ás 17:30 horas. Ao remate, na praza Maior, baile amenizado pola Discoteca Premium.
- Viana do Bolo. Martes de Entroido. Desfile de fulións ata o Cabo da Vila a partires das 12:00 horas con sesión vermú. Pola tarde, terá lugar a fariñada con folións incluídos. Para rematar, ás 00:00 horas será a quenda da queima dos lardeiros, marcando a fin do Entroido. Tamén haberá concurso de disfraces e discomóbil.
Mércores 22 de febreiro
- A Rúa. Enterro da Sardiña. Organizado por “A Ruada”, terá lugar ás 20:00 horas no Adro da Igrexa Santo Estevo e na Praza César Conti.
- O Barco. Enterro da Sardiña. A partires das 20:30 horas, na Praza Maior e polas rúas da zona vella. Ao finalizar haberá pan e chourizo para tódolos participantes.
- Viana do Bolo. Mércores de Cinza. Á tarde noite terá lugar a procesión polas rúas da vila, presidida pola figura dunha sardiña xigante que posteriormente será queimada. Ao rematar, haberá sardiñada popular e torrexas no Cabo da Vila.
Sábado 25 de febreiro
- A Veiga. V Xuntanza de Fulións. Organizada pola Asociación Cultural "O Son de Trevinca", terá lugar a partires das 16:00 horas. Ao remate, haberá un xantar de confraternización.