viernes. 29.03.2024
somoscomarca-mir-2023-05-24
Coarenta e dous novos especialistas formados en Ourense inician a súa carreira profesional

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras despedíu hoxe aos coarenta e dous novos especialistas, que acaban de rematar a súa formación nas diferentes especialidades facultativas e de enfermería, todos e todas superaron unha intensa etapa de aprendizaxe, de dous a cinco anos, coincidindo nalgúns casos con todo o período pandémico,  na que o seu esforzo foi fundamental. 

Como ven sendo habitual, con doce novos especialistas Medicina Familiar e Comunitaria é o grupo máis numeroso de post graduados, seguido Anestesia e Reanimación, Medicina Interna, Pediatría e Psiquiatría, con dous novos especialistas respectivamente, e un en cada unha das disciplinas de Obstetricia e Xinecoloxía, Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica, Medicina Intensiva, Neumoloxía, Hematoloxía e Hemoterapia, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Radioloxía e Radiodiagnóstico, Nefroloxía, Farmacia Hospitalaria e Psicoloxía. 

Enfermería tamén conta desde hoxe con nove especialistas máis: tres de atención familiar e comunitaria, e dous, respectivamente de saúde mental, pediatría e obstétrico-xinecolóxica. 

Traballando en primeira liña

Moitos dos residentes que agora rematan, contribuiron desde os seus servizos, ou formando parte dos dispositivos que se abriron para loitar contra a pandemia, como o de atención telefónica de seguemento hospitalario dos pacientes , na atención as residencias integradas de Os Miragres e Piñor, ou organizando respostas innovadoras a esta crise, como co envio a domicilio de medicación organizado desde Farmacia, o telefono de atención de Pediatría, de Xinecoloxía; no seguemento proactivo deste atención primaria...

Unha vez mais, desde a Dirección da Área Sanitaria de Ourense deséxase facer público o seu agradecemento ao masivo compromiso e dispoñibilidade, así como do conxunto de todos os e as residentes en formación, que continúan a prestar un servizo imprescindible nestes días, con dedicación e espírito solidario.  

Coarenta e dous novos especialistas formados en Ourense inician a súa carreira profesional