sábado. 07.06.2025

A CIG, molesta pola resposta da Administración sobre os recortes en sanidade

A sección saúde do sindicato CIG Valdeorras expresou o seu malestar pola resposta recibida por parte da Administración cando denunciaron «os xa habituais recortes indiscriminados de recursos sanitarios» acusando directamente á xerencia da EOXI de Ourense de «prácticas temerarias e irresponsábeis na nosa área como o peche de camas de medicina interna, e os recortes de personal médico».

Aclara o sindicato que sempre envían os seus escritos «baixo as súas siglas ou coas sinaturas dos seus delegados sindicais», en referencia ás acusacións feitas pola Administración de «utilizar á xunta de persoal con fins políticos».

Así mesmo, insisten en «seguir defendendo enérxicamente os dereitos laborais dos traballadores, reclamando a asignación dos recursos necesarios na nosa área sanitaria». Desta forma, permanecen á espera de que a Administración responda aos escritos presentados polo sindicato «acerca das resonancias magnéticas, peches de camas e traslados en ambulancia».

Tamén aluden ao persoal sanitario do Centro de Saúde de Viana do Bolo «que nin foi consultado nin se conta con él para nada» no relativo á súa xestión e asistencia xeral. CIG Saúde advirte que continuarán «coa denuncia e oposición a este tipo de actuacións irresponsábeis da Administración sanitaria todas as veces que as detectemos».

A CIG, molesta pola resposta da Administración sobre os recortes en sanidade