
As infeccións respiratorias son enfermidades moi transmisibles, e aínda que banais para a maioría da poboación, nas persoas con idade avanzada, con enfermidades crónicas ou pluripatoloxías, inmunodepresión o fráxiles poden xerar graves complicacións de saúde, xerando un gran número de consultas nos Centros de Saúde, PAC e Urxencias e un aumento progresivo dos ingresos, o que fai preciso ter previstos os recursos sanitarios a mobilizar en función das necesidades, recollendo estes nun “Plan de Continxencia”
O Plan de Continxencia fronte as Infeccións Respiratorias da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras para o período invernal 2022-23 ten unha perspectiva inclusiva, interniveis, e intercentros, que inclúe tanto a atención primaria como aos tres hospitais provinciais. Seu eixo central basease en tres liñas: Prevención, Vixilancia e netamente de operativa asistencial.
A vacinación e o punto de partida da prevención, e un dos principais consellos cara a poboación, mantendo as rutinas de hixiene respiratoria en caso de síntomas, máxime tendo en conta o adianto da epidemia de gripe, en convivencia coa pandemia de Covid, e do resto de virus respiratorios estacionais, como o (VRS) ou sincitial. Este último está a xerar estes días un aumento de atencións pediátricas, tanto en centros de saúde como hospitais.
Por elo desde a sanidade pública reitérase a recomendación de acudir a vacinarse da Gripe e da segunda dose de recordo de Covid, a todas as persoas convocadas a facelo, moi especialmente á poboación mais vulnerable e aos profesionais sanitarios para garantir a súa dispoñibilidade neste periodo tan intenso.
Prevención, Vixilancia e Medidas Operativas
Ademais de recomendar a vacinación, o Plan de Continxencia para facer fronte a incidencia das infeccións respiratorias na actividade asistencial elaborado pola dirección da Área Sanitaria, en coordinación cos servizos de Urxencias, Medicina Interna, Neumoloxía, Medicina Intensiva, Cardioloxía, Medicina Preventiva, Admisión, Hospitalización a Domicilio, Atención Primaria e Microbioloxía, ten en conta os recursos dispoñibles tanto hospitalarios como nos Centros de Saúde, PACs e Residencias Socio Sanitarias, e marca as medidas de coordinación en función dos distintos escenarios posibles.
O plan contempla tres aspectos clave, Prevención, para limitar no posible a incidencia de casos, o que pasa pola vacinación, tanto da poboación diana como daqueles grupos profesionais de especial impacto, como coidadores e profesionais sanitarios. Nesta liña este ano estanse levando a cabo campañas específicas de concienciación, e iniciativas concretas para promover á vacinación do persoal, que nesta campaña tivo acceso a vacina unha semana antes.
Ademais da vacinación, o plan establece medidas preventivas para evitar a diseminación do virus e os contaxios, como a hixiene de mans e o uso, pautado, de equipos de protección individual (EPI), como máscaras ou luvas. Tamén como medida preventiva continuara a facerse un especial esforzo de coordinación coas Residencias Socio Sanitarias.
A segunda clave será a vixilancia e seguimento da incidencia da epidemia, mediante o control epidemiolóxico da declaración de casos de gripe e a monitorización da actividade asistencial, o que permitirá comprobar, de xeito case paralelo, o aumento da demanda co progreso da epidemia. Para elo, levarase un rexistro pormenorizado das atencións en Urxencias e PACs, prestándose especial atención aos ingresos por bronquilise (pediatría e admisión) o que permitirá adoptar as medidas oportunas en función das necesidades asistenciais.
Ampliación da capacidade de ingreso
Cando o incremento da demanda asistencial faga preciso aumentar as camas dispoñibles está previsto, como en anos anteriores, facer uso das áreas de expansión, unidades de hospitalización que se habilitarán e dotarán, en termos sanitarios e loxísticos, para acoller o ingreso dos pacientes que o precisen, e que funcionarán como áreas de tránsito ata que o servizo responsable teña dispoñibilidade de camas. Esta estancia é temporal e limitada no tempo.
Esta ampliación da capacidade de ingreso centrarase preferentemente, no Hospital de Ourense na Unidade de Preingreso, na sala T, próxima a Urxencias. Asemade en situación de sobreaforo, está previsto habilitar para ingresos as antiguas plantas de hospitalización, no Materno Infantil, habilitar camas supletorias nas dereitas do Cristal e exxcepcionalmente no Edificio Piñor, preferentemente para pacientes de Medicina Interna. En Verín está prevista la ampliación de camas na segunda planta e en Valdeorras proceder a habilitar unha terceira cama por habitación nas unidades de hospitalización.