
Celia Lendoiro Álvarez é a nova responsable do Servizo de Otorrinolaringoloxía (ORL) da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, tomando o relevo á xubilación de Manuel Blanco Labrador, responsable deste servizo os últimos dez anos.
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, no ano 2000, formouse como especialista, vía MIR de 2001 a 2005, no Complexo Hospitalario Gregorio Marañón de Madrid, desenvolvendo a súa carreira profesional no Hospital Universitario de Ourense, no que traballa desde 2006.
Desenvolve a súa labor asistencial con especial dedicación á cirurxía da patoloxía oncolóxica que afecta a cabeza e pescozo. Asemade, no marco da súa práctica cirúrxica lidera o equipo de recente creación de cirurxía róbotica da súa especialidade, desde a a incorporación do novo equipamento Davinci ao hospital.
Desde a súa incorporación ao Hospital Universitario, en 2006, implícouse na docencia postgrao de futuros especialistas, como colaboradora docente, pasando a ser titora MIR da especialidade de ORL desde 2014.
Socia numeraria na Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e pescozo é tamén vogal e socia numeraria da Sociedade Galega de ORL.