domingo. 08.06.2025

Apróbase o proxecto de trazado do acceso a San Vicente de Leira, en Vilamartín

O proxecto de trazado do acceso ao ao núcleo de San Vicente de Leira en Vilamartín, dende a carreteria OU-0807, aprobábase definitivamente co anuncio no DOG publicado o pasado mércores día 5. A Deputación Provincial de Ourense, promotora de dito proxecto, anunciaba peticións de axuda, tanto a Confederación Hidrográfica como executivo autonómico para afrontar a inversión. Para o alcalde do municipio, Enrique Álvarez Barreiro, «é unha mágoa que aínda se esté pensando de onde se van a sacar os cartos, porque iso fainos pensar que non había moita intención de acometer a obra». E engade que ésta «é unha inversión moi grande, falamos de 13 millóns de euros, para plantexarse agora cómo a imos pagar».

O rexidor explica que o proxecto de trazado é «un dos pasos primordiais para ir avanzando, porque unha vez publicado no DOG, poden comezar coas expropiacións». Pero tamén recordaba o primeiro edil que «tras 25 anos pelexando por unha estrada digna o que queren os veciños é ver as máquinas traballando xa polo que apremia chegar á fase do proxecto de construcción». Fixo tamén referencia Álvarez Barreiro, á partida de 150.000 euros que o ente quería destinar a un plan de urxencia que nunca chegou. «Con eses cartos que aproveiten para sacar adiante o proxecto de trazado e que saia canto antes a concurso esa obra que é o que nos interesa a todos», asegurou.

Apróbase o proxecto de trazado do acceso a San Vicente de Leira, en Vilamartín