A vaga de calor que asola a comarca de Valdeorras durante estos días animou aos veciños e veciñas da comarca a acudir a Festa das Covas, a cal volveu a bater récord de participación con case 5000 visitantes.
Case medio cento de adegas -corenta e cinco en concreto- participaron nesta nova edición, na que coma todos os anos púdose beber viño artesán da comarca acompañado por entremeses variados, chourizo, queixo, salchichón, xamón e todo tipo de empanadas para rematar doces, bica e licores caseiros. Co prezo da entrada a organización entregou a cada participante unha cunca e un pano, que cambia todos os anos de cor.
A festa que comezou as 8:30 da tarde do sábado 4 de agosto, e ao remate da festa -en torno ás 12 da noite- a Orquestra Fénix e a Banda de Mazinguer fixeron as delicias de todos os asistentes os cales bailaron ata altas horas da madrugada.
A esta Festa das Covas achegouse xente de todo o territorio galego e nacional ademais dos propios da comarca que tiveron autobuses entre a Rúa e O Barco.
Dende a organización, a Asociación de Coveiros de Vilamartín, atopábanse moi ledos coa gran participación e acollida que tivo un ano mais a ruta, nun acontecemento que multiplica por 5 a población da vila durante unhas horas, ademáis nesta edición o camiño que leva a cada unha das covas estivo decorado cos poemas de Florencio Delgado Gurriarán nunha actividade feita durante o "VilaVerán" axudando ao mestre Roi Domínguez a colocar o poema O Himno do Viño nunhas cuncas.