miércoles. 25.06.2025
Terras de Trives

Cantos de Taberna e Entroido de Verán en Trives

A Asociación Cultural A Caniceira de Trives organizou, na tarde noite do 11 de agosto, os VII Cantos de Taberna nesta localidade do oriente ourensá. As Macizas Centrais e San Nordés de Trives, Manzaneda Banda, Sómosche d’Herbas e Ponte Louco de Castro Caldelas foron os grupos participantes nesta edición que comezou as 20:00 na praza do Pilón. Tras recorrer os establecementos hostaleiros remataron na praza do Reloxo en torno a media noite cunha foliada.

Logo de bailar, cantar e troulear entregáronse diplomas aos grupos participantes en agradecemento a súa participación.

Estes cantos de taberna foron a antesala da IX Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives, que se desenrolará o 12 e 13 de agosto. Entre os actos que se desenrolarán esta fin de semana atópase o Entroido de Verán así como un mercado de artesanía no casco vello de Trives.

O día 12 ademais, haberá campionato de billarda, sesión vermú e pasacalles co grupo de gaitas Os Trintas. Xa pola tarde concerto de instrumentos medievais Paco Cossio na praza Dr. Paz y a noite actuación de Los Íñigos.

O domingo 13, a mañá ocio infantil Mais que Brincos con obradoiro de pintacaras, tatuaxe e globoflexia, tamén sesión vermú cas Macizas Centráis. As 18:30 desfile de folións e remata a xornada co concerto de Son do Sil.

Fotos cedidas pola Asociación Cultural a Caniceira de Trives.

Cantos de Taberna e Entroido de Verán en Trives