O Rúa Valdeorras comenza os adestramentos cara a nova tempada

Con ganas de que comece a tempada as femias do Rúa de Valdeorras iniciaron os adestramentos no Novo Aguillón da Rúa. Aínda non están confirmadas todas as fichaxes desta tempada o que si é certo é que hai baixas e novas incorporacións, así no lo confirmaba Ricardo Basteiro o adestrador das rapazas, «hai varias xogadoras novas e tamén baixas significativas como é a de Candela que este ano marcha a estudiar para Madrid. Metemos a varias rapazas que o ano pasado estaban con Josiño e que cumpren trece anos esta tempada. Está María, Caye, Noa, Gisela e pode haber algunha máis, pero inda non é seguro. Pretendemos que vaian indo pouco a pouco, que polo menos estean nos partidos da casa; acaban de cumprir os 13  anos. Y, é o que temos, polo demais segue a mesma plantilla».

As rapazas están moi motivadas por mellorar esa quinta posición acadada a pasada tempada e como dicía Basteiro, «moita ilusión e moi bo rollo como todos os anos». Respecto a condición física recalcou o adestrador que o parón notouse e que haberá que ir pouco a pouco collendo a forma do mellor xeito posible. No adestramento atopamos a Isa, Alba e Carlota que a pasada tempada estiveron lesionadas e agora por fin incorpóranse ao equipo. Carol, Ángela ou Sabela foron outras das veteranas que lle atopamos dándolle o balón neste adestramento.

Por outra banda a marcha de Candela Novo deixa un oco que hai que recher da mellor maneira posible. A propia Candela que estaba no adestramento confirmaba a súa marcha por motivos de estudos e tamén resinaba que está a buscar un equipo na capital, «en principio para adestrar e logo se teño tempo para xogar, porque es un dobre grado e son seis anos  e o primeiro e o primeiro».

[df-caption title="Candela Novo que abandona o equipo por razóns de estudos" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/08/somoscomarca_arua_futbol_entrenamiento_ruavaldeorras_207_08_11-7.jpg"]