sábado. 20.04.2024
O Barco

Festa das Porretas na vila do Castro (O Barco)

Xantar gastronómico, desgustacións de aceite e queixo, gaiteiros, decoración artística, merenda e moita troula este sábado na festa organizada por Gelo no Castro

A segunda edición da Festa das Porretas comezaba as

14:30 horas, do sábado 16 de febreiro, con música e baile.

A Agrupación Abertal da Rúa foi a encargada de por a música no acto

Mentres parte dos asistentes facíanlle gana ó xantar cun bailiño amenizado polos gaiteiros contratados para a ocasión, outros degustaban o aceite artesán e os queixos curados, e hóuboos que, lle deron a ámbalas dúas cousas.

Os irmáns Carrera, Reme e Gelo, organizadores da festa no xantar

Despois deste entrante singular a vez que exquisito, os comensais sentaron a mesa para dar conta das porretas asadas en leña de aciñeira, con salsa Bela — salsa de orixe portugués feita con abelás, amendoas, catana seca, vinagre de godello artesan acompañado de aceite da zona do castro e outarelo—. Logo das porretas un chourizo con cachelos para pasar ó cabrito asado, prato que non falta en calquera festa que se prece. O acompañamento da carne non podía ser outro cunha boa ensalada de inverno. De sobremesa leite frito e acompañando a todos estes manxares viño da D.O. Valdeorras. Para rematar, café e licores.

O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro Aurentino Alonso saboreando as porretas

A música da Banda Abertal da Rúa soou entre prato e prato , para facer máis agradable a espera e tamén para botar un baile para baixar a comida. Baile e troula para facer sitio á merenda contundente: caldo galego, «rissois portugueses» e tortilla de patacas, con porretas e grelos. Segundo nos contou Gelo os rissois son unha especie de empanadillas «moi ricas», na honra a súa muller que é da veciña Portugal.

Porretas no horto de Gelo no Castro

Toda unha exaltación de materias primas de primeira calidade nunha festa gastronómica que é o segundo ano que se celebra e cuxo promotor é Rogelio Carrera «Gelo», con que falamos durante o convite. Carrera dedícase, desde a súa xubilación, ao cultivo tradicional. Ten un horto que só con coidalo 5 minutos ao día recolle todo tipo de froitas e verduras. Nas xornadas «O Rural ten Futuro», organizadas polo Concello do Barco, Gelo amosou aos asistentes este tipo de cultivo. Ensinou como facer un invernadoiro con polas de ciprés ou como, poñendo palla no rego, consérvase a humidade no chan e non é preciso regar nada máis cunha vez ó mes.

A alcaldesa de Carballeda e a candidata do PP á alcadía do Barco tamén participaron na festa

Se queres escoitar o que nos dixo Gelo, dálle a

seguinte ligazón:

Conversa con Reme Remedios

Esta segunda edición da Festa das Porretas contou ademais cun valor engadido, como foi a «Instalación Artística de Reme Remedios», a artista de Romiña (Casaio).

Mantel con dibuxos de Reme Remedios en na mesa que presidía a festa

Conversamos con ela sobre a decoración feita para ocasión e tamén dos seus proxectos e da súa maneira de ver a arte. Na seguinte ligazón podedes escoitar o que nos contou:

Festa das Porretas na vila do Castro (O Barco)