O Teatro Lauro Olmo arrincou ca tempada teatral e o fixo cun musical de monicreques que axudou a facer as delicias do público barquense.
A obra protagonizada por Almudena Vidal e Ignacio Vilariño (autor e director) que ademáis estreaban no Barco, a súa é un recital satírico onde salientan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica onde o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada.
A posta en escena estivo inspirada na figura teatral do cego con monifates, tan presente en Galicia no século XIX, da que se rescata a relación que aí se establecía entre actores e monicreques de luva e na que o narrador é tamén actor e manipulador dos personaxes. Deste xeito Inacio fixo os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé, e Almudena acompañou musicalmente dende o primeiro minuto a peza, ao tempo que asumiu o papel da Carolina.
Recordar que esta obra foi gañadora do premio AGADIC de textos para monicreques para adultos no 2010.