martes. 24.06.2025

O gromo de Covid-19 no Barco afecta a catro membros dunha familia

Dende a Consellería de Sanidade destacaron que os casos presentan sintomatoloxía leve

O pasado martes 18 de agosto detectáronse dous novos casos positivos de COVID-19 no Concello de O Barco de Valdeorras correspondentes a un home de 45 anos e a unha muller de 40 anos de idade. Ambos pertencen á mesma unidade familiar e presentan unha sintomatoloxía leve. Desde o momento do diagnóstico atópanse en situación de illamento no seu domicilio, con seguimento dos profesionais sanitarios do seu centro de saúde, monitorizados e a teleseguimento para o control da permanente da evolución dos seus síntomas.



A labor de rastrexo e de seguimento dos seus contactos máis estreitos realizado polo centro de detección de contactos, deu lugar á posterior detección doutros dous novos casos, tamén da súa unidade familiar. O resultado positivo foi confirmado hoxe mediante a proba diagnóstica da PCR en dous nenos que se atopan na actualidade sen síntomas da enfermidade e en situación de illamento domiciliario.



Ante a posibilidade de novos contaxios, a Consellería de Sanidade segue a traballar co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación.

O gromo de Covid-19 no Barco afecta a catro membros dunha familia