As rúas de Petín acollen, como cada ano, as festas na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana, que terán lugar do 22 ao 26 de xullo.
Plaza petinesa agardando o comezo da festa de Santiago
Sábado 22
Ás primeiras horas da mañá do sábado 22 de xullo terá lugar o lanzamento de foguetes que anunciarán o inicio das Festas de Petín 2017.
A troula comeza coa “Festa da Mocidade”. Os mozos e mozas de Petín e arredores gozarán do baile nas rúas de Petín.
A partires das 19:00 horas, nas pistas de tenis do Poblado xogaranse partidos pertencentes ao XXII Torneo de Tenis “Memorial Juan Pablo Vieites”.
Posteriormente, verbena na Praza Doutor Quiroga, que correrá a cargo da macro discoteca móbil SPACEMUSIC, considerada a máis grande de Galicia deste tipo, sendo a primeira que se fundou no ano 2004. SPACEMUSIC é o novo espazo reservado ao mundo da diversión en tódalas súas vertentes, traéndonos un auténtico espectáculo. O éxito está garantido!
Última actuación da sonora Petinesa na pasada edición da Festa de Santiago
Domingo 23
A xornada festiva comezará ás 12:30 horas coa Santa Misa e a procesión, seguida a continuación pola sesión vermú.
Pola tarde, ás 21:30, será a quenda da afamada agrupación valdeorresa Son do Sil, que interpretarán diversas pezas versionadas, así como de colleita propia.
A noite volve a verbena a cargo do grupo musical que versiona temas clásicos de Pop e Rock. “Doc Magoo’s” actuará, ao igual que Son do Sil, na praza de Doutor Quiroga.
Luns 24
O luns 24 de novo ás 12:30 horas Santa Misa e procesión, para dar paso a continuación á Sesión Vermú.
Ás 21:30 será tempo do baile de tarde e, pola noite, verbena a cargo da agrupación musical “Grupo Pódium”.
Esperando a orquestra cun vermú
Martes 25
Ás 12:30 os veciños levarán a imaxe do Apóstolo en procesión polas rúas do pobo para rematar na Igrexa, onde se celebrará unha Misa Solemne. O pasarrúas correrá a cargo do grupo “Trenla”.
A continuación, sesión vermú e baile de tarde coa orquestra Principal.
Procesión do Santiago Apóstolo 2016
Mércores 26
Ás 12:30 horas os veciños e visitantes de Petín levarán a imaxe de Santa Ana a ombros polas rúas do pobo nunha solemne procesión, rematando na Igrexa, onde se celebrará a Santa Misa. O grupo de gaitas “Airiños de Portela” encargarase de animar as rúas de Petín.
O "tío Quico" na alborada de Trenla en Castrofolla
Posteriormente, sesión vermú a cargo da orquestra “La Ocaband”, que se encargará tamén do baile de tarde e da Gran Verbena que poñerá o punto e final ás Festas de Petín 2017 na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana.
¡Achégate a Petín para gozar das nosas festas do 22 ao 26 de xullo!
[df-caption title="Empresas y Organismos que han colaborado en la edición de este especial" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/07/FESTAS-SANTIAGO-P-ETIN.png"]